Bocca della veritá
Anterior | Inicio | Seguinte
Encaixada nun dos muros da igrexa de Santa María in Cosmedin atópase a "Boca da verdade", unha máscara de mármore representando a Oceanus ou a Medusa que puido ser a boca dun sumidoiro da Cloaca Maxima, anterior ó s. IV a.C. A tradición medieval di que aquela persoa que introduza a man na Bocca e diga unha mentira será mordido por esta (un truco moi útil para probar ós conxuxes infieis).