As cidades da Hispania de Diocleciano
Anterior | Inicio | Seguinte
Os núcleos de poboación máis importantes eran as colonias e os municipios. As colonias eran poboacións de nova creación habitadas por colonos romanos (cidadáns aventureiros ou soldados licenciados), indíxenas, escravos e libertos, como Emerita Augusta. Os municipios eran comunidades xa existentes que se incorporaron ó seren conquistadas, como Lucus Augusti, suxeitas ó pago dun tributo e coa obriga de prestar axuda militar.