| Reconstrucción da cidade de Tarraco |
| Anterior
| Inicio | Seguinte Tarraco, fundada por desexo expreso de Roma, foi elevada á categoría de colonia por Xulio César a mediados do s. I a.C., capital ademais da provincia Tarraconensis. Seguindo as dúas arterias principais, o cardo (norte-sur) e o decumanus (este-oeste), trazábanse o resto das rúas. De atrás adiante podemos observar os elementos característicos dunha cidade romana: un recinto sagrado, o foro, o circo, o anfiteatro e o teatro. |
