TEATRO DIONISO

Anterior | Inicio | Seguinte
Orixinariamente, as obras representábanse na ágora, pero nunha data sen precisar da primeira metade do século V a.C. optouse polo espacio situado xusto ó norte do templo de Dioniso, onde a vertente meridional da Acrópole formaba un auditorio natural. Pouco a pouco introducíronse melloras ata convertelo no primeiro teatro do mundo.