| TEATRO EPIDAURO |
| Anterior | Inicio | Seguinte A orquestra tiña forma circular e era o lugar do coro para as representacións. A escena era unha edificación situada detrás da orquestra, que servía de telón de fondo, pero que á vez contiña unha serie de dependencias. Diante dela atopábase o proscenio, unha plataforma de tres ou catro metros de altura, sobre a que representaban os actores. |
