| Aras votivas |
| Anterior |
Inicio | Seguinte Para coñecer a relixiosidade da Galicia romana contamos con abundantes inscricións epigráficas en pequenos monumentos votivos (aras) que se lle erixían ós diferentes deuses. Xunto con referencias ó culto imperial e deuses greco-latinos atopamos moitas relacionadas con divindades non romanas, como Bandua e Coso (deuses guerreiros) ou Nabia (relacionada coa auga). Na ilustración temos unha dedicada á deusa Diana, a Artemis grega. |
