| Lucerna |
| Anterior
| Inicio | Seguinte Ademais das candeas (candelae) e as teas (taedae) no mundo romano empregábanse as lucernas (lucernae), especie de candil para iluminación alimentado por aceite. Este exemplar atopado en Santomé, Ourense, presenta como decoración unha escena dun exercicio ximnástico coñecido como "Skaperda", practicado polos gregos nas festas Dyonisíacas. Consistía nunha loita entre dous homes ó redor dun poste cunha corda; ó tirar da corda gañaba quen lograse arrastrar o outro e lle fixese tocar o poste. |
