Octavio Augusto
Anterior | Inicio | Seguinte
Entre os anos 29-23 a.C. Caio Xulio César Octaviano, que no 27 a.C. recibe o título de Augusto, dirixe persoalmente unha guerra que suporá a conquista definitiva da península ibérica ó acabar co derradeiro núcleo de resistencia localizado nos pobos cántabros, ástures e galaicos. Octavio dispón de tres columnas, con bases en Bracara (Braga), Asturica (Astorga) e Segisamo (Sasamón, Burgos); unha cuarta columna, a armada aquitana, atacará dende o mar.