César
Anterior | Inicio | Seguinte
61-60 a.C. Caio Xulio César, perseguindo ós lusitanos, chega ás costas galaicas e provoca a rendición de Brigantium (A Coruña). Consegue dous obxectivos: a sona persoal e mais unha notable riqueza que sanea a súa economía (tiña en mente a súa campaña para o consulado) e tamén en parte o erario romano. Corre xa a lenda da dives Gallaecia. Os romanos empezan a coñecer os recursos mineiros e técnicas dos indíxenas castrexos e comeza unha relativa ou parcial sumisión ó poder romano.