A época dos Flavios
Anterior | Inicio | Seguinte
Baixo o imperio dos Flavios (Vespasiano, Tito e Domiciano), no último tercio do s. I d.C., Galicia vive a súa etapa de máximo avance romanizador. Esténdese o Ius Latii a tódolos habitantes do imperio. É o momento no que empezan a abandonarse os castros e a poboación comeza a instalarse en terras chás. Na ilustración podemos ver unha moeda que mandou acuñar Vespasiano no ano 70 d.C. para celebrar a toma de Xudea ("Iudaea Capta" representada como unha muller coa cabeza inclinada) realizada polo seu fillo Tito.