Tessera hospitalis de Castromao
Anterior | Inicio | Seguinte
Dentro dos Conventus Iuridici estaban os Populi, que eran agrupacións de comunidades prerromanas. Entre eles podemos citar ós Coelerni, de Celanova, Ourense, que tiñan a súa capital, Coelióbriga, en Castromao. Un prefecto da Cohors I Gallica, acampada probablemente en Aquis Querquernis (Baños de Bande, Ourense), asinaría un pacto de hospitalidade cos Coelerni, tal e como aparece documentado na tessera hospitalis de Castromao.