Mercurio
Anterior | Inicio | Seguinte
Nesta figura atopada en Vilar de Barrio, Ourense, aparece Mercurio de pé, levando na man dereita a clásica bolsa ou marsupio, símbolo da actividade comercial. No brazo esquerdo advírtese o lugar onde encaixaba o caduceo que portaba o deus coma mensaxeiro dos deuses, símbolo o mesmo tempo de paz e conciliacións. A cabeza vai toucada cun amplo petasus alado.