Obradoiro de Tecnoloxía: GALERÍA DE FERRAMENTAS

Presentación

    A galería fotográfica "Obradoiro de Tecnoloxía: FERRAMENTAS" presenta, en imaxes, as ferramentas que se empregan nas aulas-obradoiro de Tecnoloxía.

    Estas imaxes van acompañadas de información das aplicacións, medidas de protección, vídeos nos que se pode ver como se empregan, imaxes complemantarias (con detalles da propia ferramenta, outros modelos,...).

    Con esta galería os profesores dispoñen dun recurso para abordar, ben como unha unidade didáctica, como complemento noutras unidades, como preparación para o traballo no obradoiro ou como material de apoio dentro do obradoiro (cun pc onde os alumnos poidan consultar as dúbidas que lles poidas xurdir).

    O alumnado disporá dun material de estudo nun medio que lle resulta moi atractivo e habitual, onde poderán consultar, aprender e repasar dun xeito autónomo ou guiado polo profesor ... o sempre árido tema das ferramentas.