| |
METALCRUCES
Os
alumnos de 1º do Ciclo de Soldadura e Caldeirería
participamos neste curso nun concurso “Proxectos
Empresariais Cooperativos” convocado pola
Xunta de Galicia e obtivemos o segundo premio,
que nos foi entregado en Santiago polo Conselleiro
de Educación durante o acto de clausura
do III Congreso Galego de Cooperativas. Recibimos
unha dotación económica de 500 euros
para o alumnado e outros 200 para a compra de
libros.
A cooperativa do noso proxecto chamábase
METALCRUCES.coop. A seguir ímosvos explicar
a grandes trazos as súas características.
METALCRUCES é un taller de soldadura e
caldeirería orientado ó servicio
técnico de reparación de maquinaria
agrícola e industrial, á realización
de subcontratas con outras empresas do sector
do metal da zona e mais á montaxe de estruturas
metálicas de pequenas dimensións.
As partes das que constaba o noso proxecto son:
1. Un estudo socioeconómico da zona: distribución
da poboación e mercado de traballo.
2. Análise dos sectores de produción:
sector primario, sector secundario, construción
e sector terciario.
3. Empresas comarcais do sector do metal.
4. Antecedentes: identificación e xustificación
do proxecto e elección da forma xurídica
(cooperativa).
5. Análise do mercado: estrutura actual,
impacto da nova empresa cooperativa.
6. Tipo de servizo e produto que se oferta.
7. Proveedores de materias primas.
8. Recursos humanos.
9. Plan comercial ou de márketing.
10. Subvencións que pode recibir a cooperativa.
11. Financiamento e inversión.
A
razón de que propuxeramos este tipo de
cooperativa débese a que estamos situados
nunha zona eminentemente agrícola e, nun
futuro, Metalcruces podería ser unha realidade,
posto que, entre outros motivos, existe unha gran
demanda no sector metalúrxico; de feito,
o 100% dos alumnos das anteriores promocións
está traballando en empresas da comarca.
Alberto
Granja, José A. Mosquera, David Carreira,
Mario Bravo, José Ramón Gómez
e Gloria Fernández, 1º CF
|
|