páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Regras para sobrevivir a 2º de Bacharelato

Os estudantes de 2º de Bacharelato queren comunicarlles aos presentes alumnos/as do instituto “Marco do Camballón” o que deben e non deben facer ao chegar ao noso curso para sobreviviren ás represalias e aos posibles danos causados polo impecable grupo de profesores e profesoras:

1. Prepárate para escribir sobre todo tipo de temas e non fagas coma nós; é dicir, leva os exercicios ó día.

Se lingua castelá queres aprobar,
a Chueca o terás que levar.

2. Na clase de filosofía non descartes maquiavélicamente a ningún dos filósofos, porque aínda que te aburran vaste examinar deles.

Se queres aprobar filosofía,
dores de pescozo terás todo o día.

3. Desde a prehistoria ata a voda do “principito” aturarás aos españois atentando contra a túa nota académica.

Se historia queres aprobar,
o tal tal terás que soportar.

4. Monta unha “boligrafería” para coller apuntamentos con rapidez nas clases de bio-ciencias e en física unha fábrica de neuronas para non equivocarte nos cálculos.

Se biociencias queres aprobar
moitos apuntamentos terás que chapar.
Se física queres aprobar
moitas fórmulas terás que “rañal”.

5. Vaite ó laboratorio con moita seriedade porque un pequeno descoido pódete matar.

Se química queres aprobar
á recuperación teraste que presentar.

6. Compra lapis, goma e cartabón para poder debuxar as vistas e un artista chegar a ser.

Se debuxo técnico queres aprobar
meticulosidade aprenderás a valorar.

7. Estuda a Castelao, Celso Emilio, Cunqueiro e Ferrín e non te esquezas do máis importante: proceso normalizador do galego.

Se galego queres aprobar
a sociolingüística terás que estudar.

8. Móvete entre derivadas e límites e cando cheguen as integrais bótate a tremer.

Se matemáticas queres aprobar
¡goma, goma! terás que bailar.

9. Apunta vocabulario e practica os tempos verbais e por suposto fai todas as “compositions”.

Se inglés queres aprobar
non lle teñas en conta os erros ó te nomear.

10. Derradeira regra: se despois das nove anteriores segues a suspender o teu consolo é que: o máis importante es ti, non os teus resultados. ¡¡¡CARPE DIEM!!!

Cynthia Cacheda, Cristina Fernández e Lara Cacheda, 2º BACH


 
  Índice do nº 4 Arriba