páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 

Historia do hip hop

A cultura do hip hop componse de catro modos básicos de expresión: DJing, Mcing, B-Boying e Graffiti.
· O emceen, que é de onde procede o termo MC, vén dunha tradición africana que se conserva en Xamaica. O emceen baseábase en dicir frases para animar ao público, sobre os dubs ou bases instrumentais dos discos.
· Hoxe en día o Djing, que comeza co hip hop, é utilizado por algunhas persoas non só para mesturar música senón para creala. A técnica máis coñecida é o scratch, que é mover un disco creando sons que o DJ controla como desexa.
· O B-Boying ou break dance comeza na metade dos anos 60 co good foot, unha forma de baile da época. Este estilo vaise desenvolvendo xunto co emceen e co Djing.
·O Graffiti sempre existiu, pero o seu desenvolvemento artístico débese aos mozos hip hopers. Xeralmente, o que se pinta son os nomes dos artistas, aínda que tamén se fan imaxes e todo aquilo que o creador queira.

O HIP HOP EN ESPAÑA

Podemos dicir que o fenómeno do hip hop nace coa estrea das películas Beat Street (1984) e Breakdance, tamén no mesmo ano. A proxección destes filmes foi o inicio dunha moda no baile e na forma de vestir. Esta forma de baile chegou moito antes que outras manifestacións de hip hop. Na metade dos 80 era habitual ver reunións de breakers a ritmo de funk e disco. A estética caracterizábase por zapatillas coa lingüeta por fóra, cordóns anchos, chándal, cintas do pelo, luvas...
Por outra banda e e de xeito totalmente alleo ao hip hop, unha mensaxe facíase inevitablemente repetitiva nos muros e no mobiliario urbano de Madrid desde 1981: Muelle (igual que Taki183 en Nova York) foi o primeiro en estampar a súa sinatura por toda a cidade. Pronto xurdiron imitadores; algúns chegaron a ser tan coñecidos coma el, pero o prestixio a Muelle vénlle dado non só por ser o primeiro, senón por ser o creador dun estilo, o estilo “flechero”.
A actividade era cada vez maior nos barrios periféricos de Madrid e Barcelona e un selo independente, Troya, gravaba o primeiro disco de rap en español. O disco titulábase Madrid hip hop (89) e seleccionaba temas creados polos primeiros grupos de hip hop madrileño: QSC, DNI, Estado Crítico... As compañías multinacionais comezaron a buscar grupos impulsivamente. Rapin’ Madrid publícase ese mesmo ano.
Falábase de hip hop en todo tipo de reportaxes e en calquera publicación, tratábase da penúltima moda, e a TV, a prensa e a radio facíanse cargo de engordar o momento a base de estereotipos infantís, que non fan outra cousa que desprestixiar todo o movemento.
Moitos grupos desaparecen e todo semella algo difuminado. Aparece un disco dun grupo de Zaragoza chamado Foreing Nation, ¿Brothers? (1992). A maioría non chegarían a sacar discos. As primeiras maquetas de grupos como La Puta OPP, CPV, Eat Meat... comezan a viaxar de man en man. Algo estaba sucedendo e pronto ía estoupar: había grupos, ideas e moitas ganas de demostrar cál era o auténtico hip hop de aquí. En 1993 CPV saca o seu primeiro disco, Madrid Zona Bruta.
A historia nestes momentos estana escribindo os grupos e os seus discos, eles son os que teñen o poder de colocar o nivel do hip hop español no lugar que merece.

Noa Devesa, 1º Bach.

 
  Índice do nº 4 Arriba