| IMITAMOS
A MANUEL ANTONIO
SÓS
Fomos chegando sós
o frío a noite e mais nós
Arrincáronnos
a ilusión
A patria ateigada
que portaba con vagancia
inertes corpos sen espírito
Arrincáronnos
a patria
Ese soño que se esvaeceu
polo mar bravo do estreito
Ese
vento achegounos ata a terra
e as lúas do faro
espertaron na noite
As nosas penas
veñen de tan fondo
como a lonxitude do mar
Pero tamén coñecemos a vida
dos amigos que faleceron
na procura da aventura
Na
escuridade inmensa da noite
atracou cansa esta pateira:
A praia da vila
acolleu do mar un soño
Néboa
de mar Escuridade
Frío Medo Angustia
E
chegamos nós sós
sen o frío e sen a noite
nós.
Sandra Lareo, Estrella Pedreira,
Marisol Amosa, Alba Blanco e Rocío Peiteado,
4º ESO
|