páxina principal
departamentos
camballón.com
recreo
esperando as musas
ligazóns
 
     
 



A SIDA

“Ninguén é tan novo que non poida morrer, nin tan vello que non poida vivir un día máis·.” CONTROLA!

Ola a todos/as!
Seguro que moitos de vós escoitastes falar sobre a SIDA, pero nunca vos parastes a pensar o que é realmente. Ímosvos falar un pouco sobre o tema, para facervos reflexionar. De forma xeral expoñeremos os efectos, os tratamentos, as transmisións, …
Comezamos cunha pequena introdución:
SIDA é a abreviatura de Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida. Debido á infección do virus o noso sistema inmunolóxico debilítase e a consecuencia disto aparecen un conxunto de manifestacións clínicas. Unha persoa infectada perde de forma progresiva a función de certas células do sistema inmune, linfocitos T CD4, o que a fai susceptible a diversas infeccións como pneumonías ou micoses. Estas infeccións oportunistas non causarían enfermidade en persoas sas, pero nas persoas con virus VIH poden chegar a provocar a morte ou desenvolver diversos tipos de cáncer.
A principios da década dos 80, apareceron os primeiros falecementos e, casualmente, todos se producían en varóns homosexuais. O virus VIH resultou ser o causante da SIDA. Pero que teñamos no noso organismo esta infección non quere dicir que padezamos a enfermidade. De feito, sábese que algunhas persoas que sufriron algunha infección por VIH durante máis dunha década, non desenvolveron ningunha manifestación clínica.
No ano 1997 estimouse que máis de 30 millóns de persoas estaban infectadas, a gran maioría eran e son adultos (falta de precaución?). Entre ese ano e o 98, producíronse 11.7 millóns de mortes por esta causa. España é o país europeo con maior incidencia da enfermidade.

TEN COIDADIÑO!!! Agora informámoste sobre cómo podes evitar o contaxio.

TRANSMISIÓNS: Por contacto directo a través do sangue contaminado, seme e outras secrecións sexuais. O virus está presente nos fluxos sexuais de persoas infectadas que poden pasar á corrente sanguínea dunha sa mediante feridas ou abrasións que poden orixinarse no transcurso das relacións homo ou heterosexuais.
O principal mecanismo de transmisión e contaxio é o uso compartido de agullas e xiringas contaminadas con sangue infectado. Este modo de transmisión afecta principalmente a drogaditos que consomen drogas intravenosas.
Na actualidade, a infección debida a transfusións de sangue é moi improbable, grazas ás probas desenvolvidas para a detección do virus no sangue. Outro medio de transmisión é por parte da nai infectada ao feto ou ao recén nacido.
CURIOSO!!! Nos países occidentais o maior número de casos dáse por relacións homosexuais, mentres que en España o maior número de contaxios débese a transmisións heterosexuais.
Con respecto ao tratamento, considérase que o máis efectivo para loitar contra o VIH é a combinación de tres medicinas tomadas conxuntamente. Con elas conséguese mellorar tanto a calidade de vida coma a supervivencia dos enfermos.


Vai de opinións...

“A SIDA, e iso que vén sendo?”
Un despistado.

“ É algo moi perigoso”
Un vaguiño.
“Isto non é un xogo, toma precaucións”
Unha que aconsella.

“A SIDA é… frecha pa’baixo”
Un que entende de metáforas.

“Se a SIDA non queres pillar, condón deberías de usar”
Unhas guapas poetas.

“Para min a SIDA é a quimera do século XXI.”
Unha filósofa.

“Por moita información que vos dean, nunca será suficiente para evitala”
Un profesor.


Vai de chiste…
O alcalde de Lepe ofrece unha charla sobre a SIDA: “Á SIDA non hai que terlle medo, veciños. Vedes esta coitela infectada? Pois voume cortar con ela, chas, para que comprobedes que non pasa nada. E vedes esta xiringa dun seropositivo? Pois vouna cravar, chas. E sabedes porque podo facer esto sen risco?” “Non, alcalde.” “Moi sinxelo, bobos, porque levo posto un condón.”

“ Pero a SIDA non é un chiste.” CONTROLA!

Sandra Espiño e Paula Asorey, 1º BACH .



 

 
  Índice do nº 4 Arriba