| |
Vinganza
amorosa
Un
día de néboa; oito da mañá;
frío e cheiro a morte. Un cadáver
na praia anuncia o comezo do traballo para a axente
de policía Maite Santos, que esperta co
son do teléfono da súa casa. Levántase
e, despois de recibir ordes, véstese e
colle a súa arma e mais a placa. Os seus
ollos verdes están rodeados dunhas marcadas
olleiras e os beizos teñen unha cor morada
por mor do frío. Recolle o pelo nunha coleta
e diríxese en coche ata o lugar do posible
asasinato.
Xa alí, fala co forense e atópase
co seu compañeiro Anxo Vigo, quen a pon
ao corrente do ocorrido. O cadáver pertence
a unha moza duns 19 anos, está espido,
cos ollos abertos e en branco, un arame átalle
as mans e os pés e no medio do ventre,
arredor do embigo, aparece un símbolo,
probablemente chinés, pintado con tinta
azul.
Son as dez da mañá, o cadáver
xa foi analizado e o forense informa a Maite sobre
a súa identidade: Paula Gómez. Anxo
e mais ela van á casa da moza e comunican
a terrible noticia. Mentres el interroga aos pais,
ela inspecciona a habitación da vítima;
todo está totalmente ordenado, a parede
chea de fotos e as estanterías repletas
de cousas. Maite pousa a mirada en dúas
fotos do medio da estantería: nunha aparece
Paula xunto cun mozo e a outra é unha foto
de varias persoas entre as que figura a vítima.
Agárraas e pídelle á nai
da moza que lle dea nomes e enderezos: o mozo
é o seu medio irmán e os do grupo
son Miguel, Xoán, Ana, Miriam e Carlos,
o medio irmán, de novo. A este é
ao que primeiro visitan. Está no instituto
e non sabe nada do ocorrido. Despois de informalo,
Maite comeza coas preguntas. El responde cun ton
tremendamente desolado e, ante esta situación,
suspéndese o interrogatorio.
A seguinte interrogada é Miriam, unha amiga
da vítima coa que saíra da casa
a noite anterior; pero, segundo a súa versión,
separáranse na esquina da rúa, xa
que Miriam ía buscar o seu mozo e Paula
seguira soa ata unha discoteca ao lado da praia.
A primeira sorpresa para os axentes Santos e López
apareceu cando ás doce e media da mañá
se acercaron á discoteca e o dono, coñecido
de Paula, lles dixo:
-Ela chegou moi tarde, despois dos seus amigos,
e viña acompañada por Miriam, o
mozo e un rapaz italiano que veranea aquí.
Daquela, Miriam convértese en sospeitosa
e a investigación segue adiante. Tanto
Ana coma Xoán contan o que eles viran durante
a noite e ambos os dous coinciden en que Paula
ía moi borracha e en mala compaña,
xa que Miriam non a soportaba por razóns
moi enrevesadas e carentes de fundamento.
Arredor das tres da tarde Maite e Anxo sentan
na praia a comer, mentres os seus compañeiros
rastrexan meticulosamente o lugar:
-Non me imaxino o mal que tivo que pasalo a rapaza.
Primeiro violada, logo asfixiada e, xa morta,
pintada coma un cadro.
-Anxo, os asasinos sempre fan as cousas cunha
intención. Non sei cal é a intención
neste caso, pero teño o presentimento de
que a clave está no debuxo.
Despois de dicir isto, colleu rumbo ao seu coche
sen dar explicacións. Xa na comisaría,
escanea o símbolo do ventre de Paula e
diríxese a falar con Miguel, o último
interrogado, que resulta ser o antigo mozo dela.
A súa relación rompérase
a causa doutro rapaz. O odio reflectido nos seus
ollos escuros fai que pase a ser o segundo sospeitoso.
Maite, logo deste último interrogatorio,
diríxese ao departamento de investigación
e, grazas ao seu amigo Mario, descobre que o símbolo
significa “vinganza amorosa”. Así
que Miriam convértese na posible cómplice
de Miguel, asasino hipotético.
Anxo reúnese coa súa compañeira
á hora da cea e propón deter o rapaz
e acabar co caso. Non obstante, Maite pídelle
que espere porque hai elementos que non encaixan:
segundo Ana, ela e mais Xoán foran os acompañantes
de Paula ás cinco da mañá
e a morte producírase ás seis e
media. Que fora o que a fixera saír da
casa de novo?
Ante esta circunstancia, os dous policías
regresan á casa da vítima e, ademais
de rexistraren o seu cuarto, piden permiso para
rexistrar o de Carlos. Nada parece anormal, pero
Carlos está estrañamente nervioso
e ten que ser apartado das habitacións.
A piques de marchar, Maite sente unha corazonada,
agáchase e introduce a man debaixo da cama.
Alí encontra unha caixa grande e gárdaa
no seu maletín para que Carlos non se decate.
Ás doce e media da noite, xa na súa
casa, decide inspeccionar o contido da caixa:
unha morea de cartas dirixidas a Carlos e remitidas,
sorprendentemente, pola súa irmá.
Ademais, atopa fotos dos dous en actitude demasiado
cariñosa como para seren simples irmáns.
De súpeto, soa o teléfono. Unha
voz descoñecida cita a Maite diante da
praia ás dúas e media da madrugada.
Acode á cita tremendamente angustiada e
atópase cun mozo que vai vestido de negro,
ten o pelo da mesma cor e uns ollos coma auga
mariña que resaltan intensamente na súa
cara pálida. Parece nervioso e non para
de xirar un anel entre os dedos. Nada máis
acercarse a Maite dille:
-O meu nome é Fabio. Son muito amigo de
Paula. Sei quen a matou e este anel serviralle
para resolver o caso.
Maite agarra o anel e le unha inscrición:
“Xuntos para sempre. Paula”.
Fabio acompaña a detective ata un bar e,
mentres toman un café, el comeza a historia:
-Ela nunca quixo nunca tanto a ninguén
coma a el. Deixou a Miguel por el. Eran almas
xemelgas, pero a comezos de xullo eu cheguei á
cidade e Paula acabou comigo na praia ante a súa
atenta mirada. Entre nós non pasou nada,
pero romperon e cando solucionaron o malentendido
comezaron os problemas co asasino. Pregúntelle
a Miriam de quen é o anel e todo se amañará.
E muito fácile. Se non o consegue, veña
e direille o nome.
Maite marcha para a súa casa e chama a
Anxo. Está asustada. Todo é demasiado
confuso. Quen é el / ela? Por que a matou?
Que pintan no medio o anel e o debuxo...?
As oito da mañá do día seguinte.
Maite vai á casa de Miriam a preguntarlle
de quen é o anel. A moza non contesta,
pero cando xa vai marchar confesa o nome nun susurro...
A cara de Maite vólvese pálida,
é absurdo que esa persoa o fixera, parecía
moi afectada o día anterior.
Sen pensalo dúas veces, queda con Anxo
e xuntos diríxense á casa da persoa
sospeitosa. A historia comeza a esclarecerse.
Todo encaixa menos algo: por que? Ao fondo da
rúa aparece a casa de Paula. O coche para
diante e os dous axentes báixanse. Maite
vai diante. A persoa sospeitosa está no
xardín e chámaa. Esta persoa levántase
e pasan para dentro da casa. Despois de moitas
preguntas, comeza a falar:
-Deus, a situación fóiseme das mans!
Eu non pretendía facerlle iso! Ela é
a miña filla e eu queríalle moitísimo,
pero o de Carlos sobrepasoume... Carlos é
o fillo do meu home e cando casei con el o rapaz
non vivía con nós, pero tan pronto
como apareceu non puiden remedialo... namoreime
coma unha colexiala. O peor foi cando unha noite
os descubrín aos dous, a Carlos e a Paula,
na súa habitación, espidos e comezando
a facer o amor. A partir de entón empecei
a enfadarme coa miña filla e regaleille
o anel ao meu amor platónico. El non tomou
en serio a inscrición e, cando unha noite
fun falar con el, díxome que estaba namorado
de Paula, pero non de min, senón da miña
filla. Sentinme tan mal que planeei unha vinganza:
asustar a miña filla para que Carlos se
dese conta do que podía facer por el.
Falei con Miriam e ela deume o número de
Arturo, un amigo que se comprometeu a asustala
e facer o debuxo chinés para que Carlos
o vira. Miriam estaba ao corrente de todo, ela
deume a idea e rouboulle o anel a Carlos para
darllo ao italiano e así convertelo no
principal sospeitoso.
Tanto Anxo coma Maite quedaron abraiados e, mentres
a deteñen e lle len os seus dereitos, a
axente comenta en ton desprezativo:
-Espero que o cárcere lle sirva para recordar
a Paula sempre e que a culpabilidade a mate a
vostede como vostede fixo coa vida dela e co amor
que existía entre ela e Carlos.
Logo de deixar a Paula na comisaría, marcha
á casa e chama a Anxo, que acode rápido.
Cando está diante da porta ela comeza a
chorar coa rabia. El acóllea nos seus brazos
e péchase a porta. Mañá terán
que traballar noutro caso tan complicado ou máis
có da moza Paula Gómez.
Cristina
Fernández, 2º Bach
|
|