Somos un grupo de investigadoras que, buscando e rebuscando, atopamos un diario do século VI a. C.
Segundo os seus datos pertencía a Mucio Escévola, que era un patricio romano.
A súa cidade estaba en perigo por culpa do pobo etrusco que, dirixido por Porsena, tiña Roma asediada.
O Senado romano deu autorización a Escévola para infiltrarse no campamento etrusco e matar ao rei Porsena, pero Escévola matou outro home confundíndoo co rei; descubrírono e foi apresado. Levado ante Porsena, foi interrogado e ameazado con ser queimado vivo se non respondía as preguntas; ante isto, Escévola achegouse ao lume e puxo enriba a súa man dereita, soportando a dor. Admirado dun acto tan heroico, Porsena liberouno e levantou o cerco de Roma.
Logo desta fazaña, da cal conservamos unhas páxinas no diario, Escévola foi recordado como un heroe:

 
 

DIARIO DE MUCIO ESCÉVOLA

 

 
 
Día XVII-VI-507 a. C.
 
 


Esta é a primeira páxina que escribo neste diario.
Chámome polo meu nome, vén sendo o que me puxeron meus pais (que Xúpiter os teña na Gloria), en conclusión, Mucio Escévola (Cevola para os amigos).
Xa levan varios días de asedio, quen? A saber, meu! Só sei que levan varios días e a min pedíronme que fora cheirar alí dentro a ver qué tiñan entre mans.

 
 


 
 
Día XVIII-VI-507 a. C.
 
 


Hoxe descubrín… sabedes que descubrín? Non? Pois dígovolo agora, con calma ho! Descubrín que o culpable deste encerro chámase Porsena (Xena para os amigos, porque ten un aire coa guerreira preferida dos romanos).
A min o que máis me queima é que nos fixesen pasar a vergoña de que Roma (a miña cidade) perdera ante eles, despois de levar case toda a vida gañándolles (eles son os etruscos).

 
 


 
 
Día XIX-VI-507 a. C.
 
 


Estou dentro!!! Pero a verdade, esperábame outra cousa, porque o certo é que isto non é que estea moi limpo. Vaia porcos!!
Antes de entrar collín un coitelo e un garfo, culler non, porque esa dá caricias, non pincha, e con estas ferramentas xa metín uns… 20 polo menos baixo terra.
Shhh… Coidado! Oio ruídos! Que veñeeeeeennnnn! Fod… quero dicir... RECOIRO! Colléronme! Só me dá tempo a escribir isto e a gardar o diario. Con Xúpiter e pola sombra.

 
 


 
 
Día XXI-VI-507 a.C.
 
 

 

 
 
 
 
 
     
 
 
 
Texto: Merichel Vicente, Silvia Souto e Adriana Iglesias, 4º ESO
Ilustración: Silvia Rey, 4º ESO

 
   
volver