No século VI a. C. Porsena, rei de Clusium (cidade etrusca), axuda a Tarquinio a reconquistar o trono de Roma, do que fora expulsado trala rebelión encabezada por Bruto. Os feitos aconteceron da seguinte maneira: o exército etrusco sitouse no Xanículo, elevación do terreo na ribeira esquerda do río Tíber, por pura estratexia, xa que alí se atopaba a ponte Sublicia, que unía o Xanículo con Roma.

A única maneira de cruzar o río era por esa ponte, por iso o enxeñoso Horacio Cocles, que foi un gran heroe romano desta contenda, situouse no medio da ponte e cortouna, o que impediu que o exército etrusco chegase a Roma. Ao caer a ponte á auga, Horacio cae con ela. A partir de aquí, son dúas as versións da historia: unha di que Horacio chega á ribeira dereita a nado; pero na outra, acontece todo o contrario, dise que Horacio afogou no intento de chegar á beira. Sexa como sexa, Horacio Cocles converteuse nun heroe lendario en Roma, e a súa fazaña, nun modelo de conduta para os romanos dos séculos posteriores.

Texto: Cristina Vilanova, Ana Junquera,
Silvia Rial e Celia Pedreira, 4º ESO
Ilustración: Eduardo Rial, 4º ESO

   
 
   
       
       
       

volver