Marco Curcio era un guerreiro novo e moi coñecido. Pertencía a aristocracia. Criticaba aos que poñían en dúbida que houbera algún ben romano superior ás armas e ao valor.
Naquela época houbo un gran terremoto en Roma. Ese terremoto provocou unha fenda na terra e os adiviños anunciaron que non se pecharía ata que se ofrecera aos deuses en sacrificio o máis valioso de Roma.
Ao sabelo, Marco Curcio, presentouse voluntario e, mirando cara os templos dos deuses e cara ao Capitolio, alzou as mans ao ceo, montou no seu cabalo e saltou con el e con toda a súa armadura para dentro da fenda. Logo diso, un gran número de persoas depositaron encima del variedade de ofrendas e froitas. E a fenda pechouse.
 
Texto: Lucía Otero e Sandra Lareo, 4º ESO
Ilustración: Silvia Rey, 4º ESO
 
 
 
   
volver