A obra Cásina, que representou o grupo Sardiña o 25 de febreiro para nós na Casa da Cultura de Vila de Cruces, é unha peza de Plauto, un autor latino de comedia. O ano pasado, algúns alumnos e alumnas xa puidemos ver en Lugo outra obra do mesmo autor, Miles gloriosus, tamén representada por este grupo.
A obra Cásina é unha comedia protagonizada polo matrimonio formado por Cleóstrata e Lisidamo; eles teñen algúns problemas por culpa de Lisidamo, que sente moita atracción polas mulleres novas (como a maioría dos homes!).
Lisidamo estaba namorado de Cásina, unha escrava moi fermosa e, para poder estar con ela, mandou que o seu escravo Olimpión casara con ela; pero Cleóstrata tiña previsto que Cásina casara con Calino.
Non se sabía quen ía casar con Cásina, pero botándoo a sortes saíu Olimpión. Para que saíse todo ben estaba previsto que a noite de vodas os noivos a pasaran na casa de Alcésimo, pero Calino oíu o plan de Lisidamo e Olimpión e contoullo a Cleóstrata. Calino, por orde da súa dona, disfrazouse de muller e foi á casa de Alcésimo para que Olimpión pensara que era Cásina e así acaba a obra co barullo de todos pegándolles a Lisidamo e a Olimpión. |
|
|
|
|
A obra lévanos á antigüidade pero tamén ten puntos do presente, xa que os directores e os actores introduciron frases na obra que son de actualidade: todos nos demos conta de que a canción de Mª Isabel naquela época non existía.
A estes actores témoslles que dicir que sigan así, porque o fan moi ben, e quen sabe se dentro duns anos non os veremos recollendo un Óscar.
Leticia e mais eu tamén estivemos moi contentas de participar na actividade, aínda que só fora entregando os folletos.
Agora para rematar hai que lle dicir a Lucía que nós estamos dispostos/as a facer o esforzo de ir ver outra obra ao lugar onde actúen.
Alea iacta est! |
Leticia Santiso e Lidia Fuerte, 1º Bach.
|
7:00 da mañá. Destino Madrid.
Un autobús cheo de xente.Chosco chega tarde. As impuntualidades comezan o primeiro día e vanse agravando co paso dos días. |
|
3:00 da tarde. Madrid á vista. Torres Kío. Palacio Real. A Moncloa. A Almudena. O retiro. Congreso dos deputados. Hotel Richtz. Hotel Palace. Hostal Cantábrico. MADRID.
Unha beirarrúa chea de xente...
-Coidado, unha moto!
-Que tolo..., anda polo medio! Pero ese non era..?
-Ahhh! Si!!! Si que o era... o de....
-Ahhh!! Si!!! O de ... Aquí no hay quien viva, Daniel Guzmán!
Primeiro contacto co hostal. Paseo polo Retiro . 5:30: Thyssen.
Tempo libre. Antonio vai a Chueca. Antonio ve a Xesús Vázquez. Antonio non avisa. Antonio...... Cea, uns aquí, outros acolá... O reloxo da Porta do Sol marca as 11:30, hora de encontro. Festa!!! O Big-Ben cheo de xente. Os vasos baleiros. Moitos galegos. Esa rianxeira…
9:00 da mañá, almorzo. “Noches alegres, mañanas tristes”.
- Veña, rapaces... o Prado espéranos.
- Ho! Ca de prados que hai nas Cruces!
- Veñaaa...
12:00 collemos o metro. Destino A Castellana. A Almudena chea de xente. Oracións polo Papa. Mariño, cantos e rezos: Aaa-le-luia!! Coros A-le-luiiii-a! Sábado tarde, frustrada visita a Chueca. Raios, tronos. Choiva. Uns dormen. Outros falan. Algúns vícianse coa... Play-Station (xa estabades a desconfiar...) Escampa. Derroche. Máis famosos: Ana Igartiburu, Fernando (Ana y los Siete), Agus (Splunge), Florentino Fernández, Julián González (Compañeros), Koldo, Santi Millán, Viggo Mortensen...
E chegou a hora... fómoslle facer unha visita a Bernarda Alba. Teatro karpa. Sala bohemia.
Febre do sábado noite. As habitacións convertidas en macro-festas. As horas pasaban. Os berros aumentaban. Chega a mañá. O rastro esperábanos! As carteiras abertas... sen comentarios.
|
|
14:45. Desastre natural. Furacáns. Tsunamis. Chega a hora. A hora punta. Valentín desesperado... como Marta Sánchez. A volta queda próxima e faise eterna, ó mesmo tempo. |
Xa as 15:00.... e as maletas xa se aburrían! Mentres esperabamos, os recordos viaxaban ás nosas mentes:
 |
Abel protagonista: ducha en compaña, raíña camiseta mollada... |
 |
Cama que estorba... cama na ducha. |
 |
Baños diminutos... cinco non caben!!! |
 |
Fiestras ausentes, “puntualidade extrema”, Mariño de cañas, Antonio de marcha, DNI solicitados... |
E daquela escóitase:
 |
“Señoritas, llegan tarde”. Ni caso picaso. |
Volta ás casas. Destino Cruces. Próximo obxectivo: día 20, cea de fin de curso. E... un poquito de por favor.... ser puntuais “RÓGASE”.
Sandra Espiño, Paula Asorey, Cynthia Cacheda, Silvia Vidueiros, Diana Reimóndez e Vanessa Abonjo, 2ºBach. |