25
 


D
E
S
F
I
L
E
 
 
 

O día dezasete de decembro de 2004 os alumnos e alumnas de 4º de ESO organizamos un desfile. A nosa finalidade era xuntar cartos para a excursión a Andorra e, sobre todo, pasar un bo anaco. Por grupos organizados fomos saíndo con música; algúns bailaron e outros tan só desfilaron. Como actuación sorpresa desfilaron os tres profesores do instituto máis enrollados (os únicos que se atreveron): Eva, Séchu e Javier. Todos e todas o pasamos moi ben, foi moi divertido facer o parvo derriba dun escenario. Comprobádeo nas fotos:

 
 
 
   
 
 
A
N
D
O
R
R
A
 
 
 


“NON ESTAMOS TOLOS, QUE SABEMOS O QUE BEBEMOS”

Pasámonos como catro meses trapicheando (no bo sentido), vendendo e gastando pelas para poder ir a Andorra. Cando escollemos a onde ir, o certo é que primeiro pensamos en irnos lonxe da casa e tocoulle a Andorra. Despois, vén o de sempre: que se vende, que se pagan cotas, que se pasean rifas de aquí a alá buscando alguén que chas compre, atacando con chantaxe aos de máis confianza e incluso o de “eu cólloche unha e ti cóllesme outra”... buf!! Un rollo.
Despois veu outro problema: as datas. Sabiamos que iamos ir en febreiro, pero non cando, así que estivemos espreitando ata que se aclarou todo: marchariamos o sábado 12 ás 20:00 h (relativamente, sempre pasa o mesmo) do Instituto, e regresariamos o sábado 19 ás... ben, a unha hora, á casa.
Pasamos por todo tipo de humillacións, dende vender rifas (empregando a súplica como método principal), ata pasear coas camisetas coma os mouros coas alfombras, e o peor de todo (e onde mellor o pasamos, creo eu), representando obras e desfilando no auditorio. Si, efectivamente agora páraste e pensas: o que fai a desesperación!!!

Pero por fin chegou o gran día:
-VENRES 12: comezamos a chegar sobre as 21:45 ao lugar de arranque, e alí nos apelotonamos todos, rillando nas unllas dos nervios, e, por fin, chega o autobús. Nisto que vemos saír a catro chavales do autobús. A pregunta en masa: “E logho estes de onde saíron?” Ninguén o sabe ata que atacamos a Séchu por banda e o interrogamos. Resultou que: “son uns rapaces da Coruña que veñen con nós”. “Buff! De que apurazo me sacaches”, pensamos. Nin Mariño co seu superlook deportivo (que raro) nos puido resolver a dúbida ( e iso que nas clases di que che axuda a resolvelas. Iso é publicidade enganosa!!).
En fin, despois de que Eva se despedise da familia, de que nosas nais nos lembrasen os dez mandamentos e mirasen que levabamos a roupa interior posta do dereito... ala! Agardar a que tres máis chegasen, e, por fin e sobre as 22:20 arrancamos, eufóricos e tolos, con intención de non durmir. Algunha botella (de contido non mencionado) que paseaba pola parte de atrás e nisto que comeza a respirarse un perfume apaciguador, que te alegra... Toma! Os da Coruña fumando un porro! Broncazo total, discurso de chantaxe emocional e todos contentos. O problema repetiuse como unhas catro veces e, finalmente, ata Mariño se veu sentar con nós ao final do bus para controlarnos. Paramos unhas cantas veces antes de chegar e...

-DOMINGO 13: á maña seguinte... Andorra?? “Eh! Isto non está moi verde?”, “Que timo, aquí non hai neve”. Baixamos xantar (e repoñer a neveira) a un Centro comercial e despois fomos coller os equipos de esquí, onde puidemos ver algo, non moito, de neve. Fomos para o hotel (dunhas cuestionables tres estrelas), e ale, repartirnos en cuartos e sobar un anaco.
Á noite, baixar a cear ás 20:30 e... marcha!! Reunións en cuartos, algúns que pillaban felicidade e ás 02:00 chegan Eva (que durmía soa nun cuarto), Mariño e Séchu (que nos demostraban que o seu amor non tiña fronteiras e ata compartiron cuarto, hehe), e “mellor que vos vaiades deitando, e os que non, non fagades ruído”. Nós: “vale, pero aínda é cedo”. E, cando se ían ir deitar: “por certo, levantámonos ás 07:00 e ás 07:45 estamos en marcha”. Ben, pensabamos que non era moito, pero fómonos deitando, algúns en plan orxía (oito nunha habitación de catro), outros máis acomodados (un só nunha habitación de tres…) Pola noite nevou que deu gusto.

-LUNS 14: todo cristo con olleiras, bocexos... Baixamos almorzar e ás 07:45 arrancamos (que por certo, aproveito para mencionar ao condutor que se quedou con nós, un grandísimo capullo do que os meus pés e os d@s meus compañeir@s se lembrarán sempre). Pillamos un atasco de película, paramos nun prado branco e olliño ao dato: as botas de esquiar máis complicadas de poñer que enfundarlle a un elefante un traxe de bailarina, cargar ao lombo cos esquís e os paos, e botarse a andar case dous quilómetros coma unha modelo de pasarela (coas botas non dás movido o xogo do nocello) ata chegar ao telecabina, agardar facendo cola, subir escaleiras (en só media hora tiñas os pés o dobre de grandes!!), e, xusto cando estás fronte á maquiniña para meter o “Forfet” (máis coñecido como Ford Fiesta)... ale, todos para abaixo que, por culpa do aire, cérrase o telecabina!!!
Pero iso non foi nada, porque os da Coruña xa ían arriba e nós tivemos que baixar e aguantar as botas de Rita, incómodas e insoportables. Saímos a un sitio cerrado que había onda o edificio do telecabina e primeiro xogamos coa neve e despois fixemos prácticas cos esquís. Máis dun caeu de cu, pero pasámolo de medo. Non é o mesmo practicar ao parvo que en serio, iso asegúrovolo eu.
Xantamos nun mini-restaurante en Andorra e volvemos ao hotel. O certo é que se estaba de medo. Ou te estomballabas nos sofás ou ías xogar un billar á sala ou saías por alí pasear... era a nosa casa. Os da Coruña chegan á tardiña, sabe Deus como e só van buscar as carteiras. Apenas falan con ninguén.
Pola noite, o mesmo, pixamiñas e reunións tolas en dous ou tres cuartos. Adiantamos a hora de levantarnos e atrasamos a de deitarnos. Ao día seguinte comezaría a verdadeira revolución de caídas, golpes, lesións... e algunha que outra indisposición.

-MARTES 15: todos sopísimas, con olleiras, caras de mala ... e asombro ao ver saír a Mariño e Séchu co rostro iluminado todas as mañás... Por fin e, tras sufrir as torturas do día anterior por causa dun condutor idiota, conseguimos chegar á neve. Alí empezou Eva xa co quecemento, ao que ninguén lle fixo caso, e repartíronnos cos monitores. A maioría dos rapaces (demasiado capullos por natureza), apuntáronse no grupo dos que xa tiñan idea de esquiar (así lles foi despois a algúns e non vou dar nomes anticipadamente) e os demais comezamos dende cero.
Algún dos monitores (o noso, Germán, alias “Chino”, e que tiña unha estraña fixación coa “cola” de “Javi”, apuntando que “cola” é o cu, e “Javi” era Mariño, que rachaba coa pana sobre os esquís), estaban de moi bo ver, foron bastante agradables. Xantamos no comedor das pistas e despois o que quixo foi esquiar.
Como xa dixen, ese foi o día dos incidentes: Tania caeu e levou un piñocazo fino, Paula Cereixo foi mirar unha mazadura que tiña na parte interna do coxa dereita, que resultou unha rotura de fibras, a Álex inchoulle un pé... incluso un dos coruñeses estaba mal. Resultou chamarse Pepe, caeu mentres esquiaba e rematou coa man dereita vendada e con varias feridas das gafas de esquí baixo o ollo esquerdo. A maioría das tipas arremuiñóuselle para axudarlle. O “rapasiño”, todo cortado, díxolles que non facía falta.
Chegamos ao autobús ás 17:00. Alex, Paula e Tania quedaron onda o telecabina, mentres nós subimos andando e nos cambiamos, pero pillamos un ATASCO; tardabamos en chegar a buscar as rapazas e Senín e Jano foron de voluntarios a buscalas. O “apapostiao” do condutor non quería parar para coller algo de comer... Aproveitamos as 5 horas de atasco para escribir regueifas que berrariamos ao día seguinte.
Esa noite foi moito!! Algúns rapaces mais Séchu foron regheifar ao salón de xogos e acabaron a berro pelado pola emoción. Outros acabamos algo mareados (o cansazo, a paliza do esquí e outros elementos similares, que producen dores de cabeza matutinas).

-MÉRCORES 16: tachán!! Estou de aniversario e cadroulle que Anxo, un dos da Coruña, me felicitou, polo cal comecei a falar con el (mentres a Adry lle caía a baba, hehe, aínda que a ver a quen non!!). O caso é que foron uns 16 moi fortes. Pichicho xa foi para adiante nada máis arrancar o bus (que fora ao Centro Médico o día anterior e seica o que tiña era... sorpresa! Intoxicación pola auga que tomara... e algo de resaca, hehe). Eu aguantei... 15 minutos? E logo saín disparada, que a cea bailábame a samba no estómago (pero ten unha explicación: ceabamos moi axiña e logo tanto chunda-chunda acaba contigo). E de alí a nada, veu Mini-yo a farcerme compañía (cos pantalóns curtos baixo o pantalón de esquiar e en manga curta). A min tanto meneo facíame tolear, pero xa bo foi que, tras protestarlle aos xefes do condutor, este tivo que %·%·$**se e deixounos fronte ao telecabina, onde cada un inventaba como poñer as puñeteiras botas.
Ainhoa e máis eu retirámonos xunto cos lesionados, e, nisto que vemos vir a Pepe, e atacámoslle coa coña de que Adry e mais eu xa lle falaramos antes. Collinlle o DNI para ver a foto e algunhas apuntaron a dirección e o aniversario!! O pobre estaba medio asustado, falou un cacho máis con nós e foi dar outra volta. Felicitoume o aniversario (os primeiros dous bicos que soltaban os da Coruña, que agasallo!!), e logo á hora de xantar comezamos a falar con Anxo e Pepe e Sabo (ollo! disque era Pablo Sabín Miralles de Imperial, tataraneto de Amadeo I de Saboia ¿?) uniuse á conversación. Eu estaba sentada xunto a Pepe e Adry e Álex parecían dúas chinesas, intentando sacarlle fotos a Pepe mentes el se escondía. Despois, cada un levantou voo, e, coma sempre, ás 17.00 onda o bus para marchar e desta vez estaba xunto á pista, pois ao condutor non lle quedou outra.
Aí veu o segundo problema, porque resulta que algúns dos rapaces metéranse por pistas complicadas e, aínda que ían chegando, Pedro e Edgar non aparecían. Media hora máis tarde e coa axuda de monitores e motos de neve, aparecen desfeitos e, foi en serio, pois os profesores soltaron 30 €urazos para mercar bebidas para a queimada que celebraron despois da “batalla de regheifas homes vs. mulleres” que celebramos e que Séchu gravou (para non variar).
Antes diso, e debo dicilo porque admito que descubrín que teño uns amig@s caralludos, tiven os meus regalos de aniversario (grazas, a todos xD), pero non todos estivemos na batalla de regheifas (versión persoal de 8Millas, rebautizada como “16 Ferrados”), e mentres celebraban a queimada e bailaban, Adry e mais eu estabamos falando cos da Coruña e cando a gran maioría se retirou por exceso de “felicidade”, o noso grupo medrara e estabamos facendo festa nos sofás. Foi un bo aniversario.

-XOVES 17: neve, resaca, dores de cabeza, cansazo... que raro!! Pasamos o día igual, pero reservámonos para a noite, pois sairiamos de marcha por ser a última noite que pasabamos en Andorra. Pola tarde, tras saír das pistas, fómonos relaxar ao balneario. E prometemos non dicir o xenial que estaba polos que non puideron vir, pero, en serio, iso foi moito. Había cada inglés (sobre todo na sauna)... e as piscinas... e os tazóns de auga quente... e a piscina exterior... e a zona de auga fría... e a sauna de eucalipto... e os ingleses... mamaíña!! Saímos e no hotel: “Que, que tal o balneario?” e nós, en alto: “ben, ben, o normal, algo aburrido...” e por dentro: “aii! Que auga, que saunas, que piscina... que ingleses!!!!!”. Arranxámonos e saímos uns poucos, non todos. Bailamos, cantamos a “grito pelao”, Mariño disque ligou... Adry case se nos vai para Estados Unidos... foi unha “noite tola”.

-VENRES 18: todos durmidos, cansados e no fondo moi tristes, coas maletas xa feitas, “depresionados”, almorzamos por última vez, esquiamos por última vez, xantamos por última vez... que tristura!! Ás 17:00 marchamos (cun equipo de esquí menos, mangáronllo a Séchu, pero é que como te despistases...), e fómolos devolver. Despois collemos as maletas no hotel, devolvemos as chaves e baixamos ao Centro Comercial a cear por última vez en Andorra. Subimos ao bus sobre as 20:30; cada un acomodouse con quen quixo, e... non podo dicir nada do regreso, pois fun dormindo coma unha pedra, coma todos, supoño. Paramos nos mesmos sitios que á ida, pero aquí non baixaban moitos. Sobre as 23:30 saímos de Andorra.

-SÁBADO 19: chegamos a Vila de Cruces ás 10:00, durmidos, cansos e tristes. Collemos as maletas, agardamos a que nos viñesen buscar e despedímonos dos da Coruña (que, por certo, eran catro, pero un deles, que viña de Santiago, non falou con ninguén, andaba á súa bóla), dos que conservamos fotos, e dos que eu, persoalmente, gardo moi bos recordos (sobre todo un). Marchamos e despois, cada un na súa casiña, bicos, agasallos e a durmir, supoño. Alomenos no meu caso foi así.
É que a cousa foi alucinante, porque por moito que nalgunhas cousas os prezos se disparasen, ou o flipad@ que te quedabas por ver ata o Museo do Tabaco ou cousas raras, no fondo cólleslle cariño ao sitio. En Andorra quedou algo de nós, recordos, e historias que sabemos que nunca se repetirán. Foi algo inesquecible, que todos gardaremos dentro, cada un coa súa visión da historia. Esta foi a miña, moi xeneralizada (aínda que non o pareza) e omitindo moitas cousas que tamén pasaron, moitas palabras que se dixeron e un longo etc., pero sei que moitos me comprenderán ao dicir que Andorra marcou un antes e un despois nas nosas vidas. E iso nunca se esquece, nunca.

P.D.: Bicos e grazas a todos os que fixestes que un aniversario a 1.200 km da familia fose coma estar na casa. E grazas Séchu, por ese poema.

GRAZAS, BICOS. SODES OS MELLORES.

     
 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
 
 

Texto de Noelia Montoto, 4º ESO.
Ilustración de Alejandra Mosquera, 4º ESO