| |
|
| |
| |
Todos vós algunha vez, aínda que fora por casualidade oístes falar algo sobre as sete marabillas do mundo antigo. Non pensedes que todos teñen a oportunidade de visitalas, porque non vos están aquí en Vila de Cruces, non ho, non, non vos equivoquedes, tedes que ir ata Mesopotamia, e cruzar nun barco ou a nado, ou sobre o que sexa o río Eúfrates, viaxar onda os exipcios e pasar algún tempo cos eleos de Grecia. Pero non acaba aquí, aínda tedes que ir a Halicarnaso, en Caria, despois toca outra vez navegar, esta vez a Rodas, e por último, a Éfeso, en Xonia. Malia quedardes rendidos ao viaxar por tanto mundo, habedes quedar felices e habedes poder fardar de que vistes as marabillas do universo. Vós agora tedes a posibilidade de viaxar a eses lugares nun tristrás. Non ocorría así en tempos pasados: se alguén entón se propuña visitar as sete marabillas, cando acabase de viaxar xa sería vello, desdentado, engurrado coma a roupa, a punto de ir ao burato, pero ao menos teríaas visto e morrería feliz.
|
|
Pero vós non viaxedes só por pasalo tempo, vede as cousas coa mente, non só cos ollos. REFLEXIONADE, PENSADE, INFORMÁDEVOS, facede todo isto e aprenderedes. Non vaiades a diferentes lugares por ir, e non os vexades todos á vez, repartide o tempo, non marchedes correndo porque así non vos serve de nada, ídelos acabar esquecendo.
Naturalmente que as sete marabillas poden chegar a recibir máis piropos ca vós, porque sempre falan delas con palabras fermosas. Quizás outras obras poden merecelo tanto coma estas, pero as sete marabillas, coma o sol, brillaron con luz propia. Mágoa que non podamos comprobalo persoalmente porque, a excepción da pirámide de Keops en Exipto, todas desapareceron hai moitos anos.
Pero non vos preocupedes, sen necesidade de que vos movades do asento, propoñémosvos unha viaxe ao pasado cando todo estaba aínda moi relucente.
|
Estades listos? Pois abrochade os cintos e pinchade nunha das marabillas do mapa para comezar a viaxe.
|
|
Texto: Natalia Ríos e Elvyra Santiso, 4º ESO
|
| |
| |
|
|
|
|
|
|
|