| |
| |
| |
| A vida de Alexandre Magno foi levada varias veces ao cine, a máis recente, na película dirixida por Oliver Stone da que destacaremos unha escena que se insire no primeiro tramo do filme. O director presenta un escenario no que se recrean as pantasmas e ídolos de Alexandre Magno. Na devandita escena Filipo II de Macedonia leva ao seu fillo adolescente, Alexandre, a unha caverna escura na que aparecen pintados algúns episodios da mitoloxía grega que reflicten os medos e arelas atribuídos ao conquistador de Macedonia nesta última versión cinematográfica.
|
|
| |
 |
|
|
|
|
| |
| |
| |
Na caverna aparece unha representación de Medea matando os seus fillos. Medea é unha heroína da traxedia e da epopea gregas, que se namora de Xasón e axuda a este a superar as probas que lle foron impostas aos argonautas na súa procura do vélaro de ouro. Cando ambos levaban unha vida feliz, Xasón prométese coa filla do rei de Corinto, Glauce (como fai Filipo con Eurídice), o que desata a dor e a ira de Medea que, para vingarse do traidor, matou os fillos que tiñan e fuxiu. Con este mito Oliver Stone preséntanos a influencia negativa dos proxenitores de Alexandre que utilizan ao seu fillo como arma arreboladiza, igual que fixera Medea, para saldar contas dentro do matrimonio. |
| |
|
| |
Outra pantasma que Oliver Stone nos presenta é Edipo, que foi abandonado de pequeno polo seu pai Laio tralas predicións do oráculo de que o seu fillo o destronaría. Edipo, xa de grande, mata a seu pai sen sabelo e libera a cidade de Tebas da esfinxe que a aterroriza, toma o trono do rei e a man da viúva, a súa nai Iocasta. Cando se decata do que sucedera, autodestérrase e arríncase os ollos, que é a escena que Stone nos presenta para recrear o “complexo de Edipo” : adoración pola nai e rexeitamento do pai, que o director suxire como unha das características psicolóxicas de Alexandre.
|
| |
| |
|
|
Á
parte destas dúas pantasmas, Stone tamén
“pinta” naquela cova os ídolos de Alexandre:
Prometeo e Aquiles. Representa
a Prometeo encadeado na rocha do Cáucaso
coa aguia devorándolle o fígado. Prometeo,
o amigo da humanidade, foi castigado polo
seu primo Zeus por roubar o lume da
fragua de Vulcano para dárllelo aos homes.
Zeus encadeouno na montaña e a súa aguia
viña todos os días comerlle as entrañas
que pola noite se rexeneraban. Finalmente,
Prometeo foi liberado por Heracles. Con
isto Stone compara a Prometeo co que posteriormente
sería Alexandre ,“un heroe civilizador”.
|
|
|
|
| |
|
|
|
Aquiles
é a outra figura que aparece na escena
da cova. É un dos heroes por parte grega
da guerra de Troia. Morreu en plena xuventude, en parte por decisión propia, pois malia ter a posibilidade de vivir unha longa vida, aínda que anónima, escolleu unha vida curta pero gloriosa. Para Alexandre a figura de Aquiles foi sempre un modelo por dous motivos: primeiro, pola súa grandeza como guerreiro e segundo, pola súa relación afectiva co seu amigo Patroclo, que Alexandre tomou como exemplo para a súa propia relación de amor-amizade co seu compañeiro Hefestión.
|
|
| |
|
| |
| |
Como conclusión, poderiamos
dicir que Alexandre logrou imporse aos seus medos, pero
non escondéndoos nunha cova senón asumíndoos. Aínda
hoxe, 2328 anos despois da súa morte, é
posible que a nosa sociedade queira deixar algúns
medos a escuras na caverna. Non está ao alcance de todos
ser un Alexandre Magno, pero sería desexable que tivésemos
algún día o valor suficiente para non temer máis
a luz ca a escuridade.
|
Texto e ilustración: Eduardo Rial, 4º ESO
|
|
|
|
|