A PIRÁMIDE DE KEOPS
 
     
 

A Pirámide de Keops é a única das sete marabillas do mundo antigo que se conserva en pé e, por si fora pouco, é a máis antiga de todas.
Está situada en Gizeh, moi preto da actual cidade do Cairo, e foi construída cara ao 2500 a .C.
Todos coñecemos as pirámides así como sabemos que eran as tumbas dos faraóns. Estas destacan sobre o horizonte do deserto deixándonos abraiados.
A de Keops e a maior de todas (230 metros de lado por 137 de alto) e está feita con bloques de granito dun metro de altura cada un. Todas as pirámides de Gizeh teñen a mesma aliñación, e os lados teñen unha inclinación de 57º. Nos arredores atópanse pirámides menores, que eran para os altos funcionarios do faraón.

 
 

Texto:
Alejandro Vázquez, 4º ESO
 
     
     
     
volver
  seguinte