6
 
 
 

Tras un longo período de busca e investigación, chegamos á conclusión de que os nomes de pía que máis se repiten no noso instituto son os que vos damos de seguido (cinco masculinos e cinco femininos). Un pouco máis abaixo teremos a amabilidade de analizalos. Se aínda non sabedes o significado do voso nome e outras cousas, seguide lendo.

 
 


 

 
 

CRISTINA

Cristina é unha variante de Cristo, a palabra é de orixe latina e significa seguidor de Cristo. A súa festa é o 24 de xuño.

É unha persoa que se interesa polo que fai e polo que di, é de ánimo alegre e gústalle sentirse complementada; á parte de ter un pensamento deductivo e independente, é unha persoa con moita autoridade e lealdade nas súas actividades.

Pode destacar como científica, mestra , escritora, inventora, etc. O seu número da sorte é o 5. As súas correspondencias son :

  • portugués: Cristina
  • español: Cristina
  • éuscaro: Kistiñe
  • catalán: Cristina
  • italiano: Cristina
  • francés: Cristine
  • inglés: Christine

 


 
 

SILVIA

O nome de Silvia tamén provén do latín e significa bosque; era o nome da nai de Rómulo e Remo, os fundadores de Roma. A súa festa celébrase o 21 de abril.

Gústalle acompañar e que a acompañen, ten un pensamento desbordado , é dicir, que ten uns sentimentos tan fortes que non os pode ocultar.

Podería destacar en profesións como a de médica, enfermeira, avogada, escritora, pintora, bailarina, etc. O seu número da sorte é o 9.

 

 

Outras correspondencias son:

  • portugués: Silvia
  • español: Silvia
  • éuscaro: Silbe
  • catalán: Silvia
  • italiano: Silvia
  • francés: Sylvie
  • inglés: Silvia, Sylvia

 

 
 

 

María
O nome de María provén do hebreo e significa a elexida, a amada por Deus. É o nome feminino máis popular por ser a nai de Xesús. A súa festa celébrase o 15 de agosto. Unha das súas variantes é Maruxa.
Exprésase por medio da súa comprensión cara aos demais, é de ánimo alegre; desperta simpatías e tamén antipatías. Gústalle a amizade, as cousas do amor. É pensadora liberal e fácil de conxeniar.
Pode destacar como humorista, hosteleira, comercianta, escritora, etc. O seu número da sorte é o 6.
Outras correspondencias son
port.: María; esp.: María; éusc.: Miren, Maia, Maritxu; cat.: María; it.: María; franc.: Marie; ing.: Mary.

 


Ana

Ana procede do hebreo e significa compaixón ou Deus compadeceuse. A súa festa celébrase o 26 de xullo.
Adoita ser unha persoa amable, cordial e gústalle sentise eloxiada. Tamén é esixente, exprésase de forma orixinal e, sobre todo, distínguese pola súa delicadeza.

Pode destacar como médica, enfermeira, bailarina, atendendo ao público. O seu número da sorte é o 9.
Correspondencias noutras linguas: port.: Ana; esp.: Ana; éusc.: Ane; cat.: Anna; it.: Anna; franc.: Anne; ing.: Ann, Anna, Annie.

 

 

 


Rocío

Rocío procede do latín e ten o significado de cuberto de rocío, rociado. É tamén o nome dun santuario de Andalucía.
É unha persoa coidadosa, fai as cousas con coidado e rapidez, ten orixinalidade, intelectualidade e gústalle sentirse realizada e mellorada. Ama acompañar e ser acompañada; posúe un pensamento deductivo.
Profesións nas que podería destacar son: mestra, científica, escritora, inventora, líder relixiosa, etc. O seu número da sorte é o 5.

 

 

 
 

David

O nome de David procede do hebreo e significa amado. Unha das súas variantes máis típicas é a de Davide. A súa festa celébrase o 29 de decembro.

As persoas con este nome considéranse amables, cordiais e sagaces. Gústalles sentirse eloxiados por todos. Exprésanse chamando a atención, sentíndose superiores, dan todo tipo de ideas ademais de seren os que máis aman. Exprésanse como pensadores orixinais e, sobre todo, gústalles todo o que é práctico.
Poden destacar en profesións como inventor, enxeñeiro, mestre, comerciante, etc. O seu número da sorte é o 2.
Outras correspondencias deste nome son:

  • portugués: David, Davide
  • español: David
  • éuscaro: Dabi
  • catalán: David
  • francés: David
  • italiano: Davide
  • inglés: David

 

 
 

Alberto

Alberto procede do xermánico e significa brillante, famoso pola nobreza ou totalmente nobre. A súa variante é Albertos e o hipocorístico Berto. A festa celébrase o 15 de novembro ou o 7 de agosto.

Exprésase por medio da concentración. Ama o culto, pero sobre todo sentirse admirado. Adáptase e exprésase airoso en calquera nivel. É xentil e amigable, de pensamento amoldable, liberal e fácil de conxeniar. Gústanlle as cousas do amor, do honor e da familia. As profesións nas que pode destacar son as de escritor, actor, pintor, humorista, estilista, músico, etc. O seu número da sorte é o 6.
Outras correspondencias deste nome son:

  • portugués: Alberto
  • español: Alberto
  • éuscaro: Alberte
  • catalán: Albert
  • francés: Albert
  • inglés: Albert

 

 
 
Diego

Nome de orixe dubidosa, probablemente procedente do grego, co significado de instruído. Celébrase a súa festa o 24 de marzo e o 13 de novembro.
Gústalle sentirse admirado. Exprésase en liña recta, préstalle atención ao detalle e á seguridade. O seu pensamento é firme, ademais de ser un pensador áxil, con capacidade analítica.
Podería destacar como empregado, político, mediador de paz, pintor, etc. O número da sorte é o 4. Outras correspondencias deste nome son: port.: Diogo; esp.: Diego; éusc.: Diegotxe, Didake; cat: Dídac; it,: Diego.


Daniel

Daniel procede do hebreo e significa xustiza de Deus. Os seus hipocorísticos son Meluco ou Meluncho. Celébrase o 21 de xullo.
Exprésase a través do asentamento. Ama a realización e gústalle sentirse apoiado, é esixente. Ama o criterio e o misterio, sempre busca a aprobación. Ten un pensamento convincente.
Pode destacar en profesións como médico, enfermeiro, arquitecto, cociñeiro, decorador de interiores, etc. O seu número da sorte é o 3.
Algunhas correspondencias son: port.: Daniel; esp.: Daniel; éusc.: Niel; cat.: Daniel; franc.: Daniel, Danel, Danis, Danielou; it.: Daniele; ing.: Daniel, Danny.

Marcos

O nome de Marcos provén do latín e significa martelo ou relativo ó deus Marte. A súa variante é Marco e celébrase o día 25 de abril.
É unha persoa coidadosa, as cousas fainas con rapidez e coidado. Ten orixinalidade, adquire intelectualidade. Gústalle sentirse realizado e mellorado, é esixente e distínguese pola súa delicadeza.
Pode destacar como executivo, editor ou crítico editorial, comerciante, empregado público, banqueiro ou intérprete.
O seu número da sorte é o 7.
Outras correspondencias son: port.: Marcos; esp.: Marcos; éusc.: Marz, Marko; cat.: Marc; it.: Marco; franc.: Marc e en ing.: Mark.

 


 
 
María Pedreira e Susana Puga, 2º ESO