Interior da cúpula do Panteón.


O Panteón é un templo romano dedicado a todos os deuses. É o mellor conservado de todos os edificios romanos. Debemos esta marabilla ao emperador Adriano que ordenou a reconstrución do templo orixinal construído por Agripa, que fora destruído por un incendio. Máis tarde pasou a ser unha igrexa dedicada a Santa María dos Mártires.

Fachada do Panteón.


Está situado na praza da Rotonda en Roma e ten un pórtico rectangular con dezaseis columnas e unha impresionante cúpula, que só dende o interior pode ser admirada en todo o seu esplendor. Nesta cúpula sitúase a única iluminación natural do edificio, que provén dun orificio central. As proporcións do seu espazo interior convértena nunha das realizacións máis importantes da arquitectura romana e nun modelo na tradición arquitectónica occidental; ademais, a súa escasa decoración realza a súa harmonía e maxestosidade.

 
Maqueta do Panteón na Antigüidade.
 
Texto: Pedro Navaza, Borja Mella e Irene Varela, 4º ESO

 
   
volver