20
 
Jean de Saint-Exupéry e Marie de Fonscolombe foron os pais de cinco nenos: Maria Magdalena (1987), Simone (1898), Antoine (1900), François (1902) e Gabriela (1903).
En 1904, Jean morreu por causa dun ataque. Tiña 41 anos. Nos primeiros anos da sua viuvez, Marie aloxouse na casa da tía de Tricaud, pero non se asentaba oficialmente en ningún lugar, pois tamén se aloxaba na casa dos seus pais. Durante esta vida nómade e difícil, Marie nunca perdeu o seu carácter optimista e sensible. Todo facía dela unha excelente educadora dos seus fillos.
 

Teceu pouco a pouco con Antoine lazos de amor, afinidade e complicidade e deulle unha infancia alegre e feliz. Nas Cartas á súa nai , Antoine plasmou moi ben as seguintes palabras: “ Vostede foi o mellor da miña vida. [...] É certo que sodes o único consolo cando un está triste ”, 1922.
Antoine sempre quixo coñecer cousas sobre a natureza: os gatos, os cans, os insectos, as árbores, os coellos... De pequeno deu un rodeo para non matar unhas eirugas, no deserto defendeu as garzas... . E o Principiño defendía ao raposo.

A finais do 1930, o escritor Benjamín Crémieux, que daba unha serie de conferencias en Bos Aires, presentoulle a Antoine a Consuelo Sucin, unha moza de San Salvador, viúva xa dúas veces. Moi axiña, Antoine cae rendido ante a súa beleza. Na época, el era director do Aeropostal Arxentino e, durante unha viaxe, díxolle a ela: “ Bícame ou fago afundir o aparello”. Ela fíxolle caso e antes de aterrar, el pediulle a man. Pouco tempo despois ela recibiu unha carta de amor de 40 páxinas, asinada por el. Soubo entón que os seus destinos estaban enlazados.

No 1926, Antoine publicou a súa primeira novela: O aviador.
No 1929, publica Correo sur.
No 1938, publica Terra de homes.
No 1942, publica Piloto de guerra.
No 1943, finalmente, publica O Principiño, obra de gran sona, versionada incluso por Disney, que resumimos a continuación.

 
     
 
O Principiño
 
 

O libro cóntanos a historia dun home que, aos seis anos, decide non se meter a debuxante, porque cando fai o seu primeiro debuxo (un elefante no estómago dunha boa), séntese incomprendido polos adultos, que non lle topan sentido ao debuxo.
O home faise aviador, con moitas persoas adultas que seguen sen comprender, ao igual que fixeran con el, os primeiros debuxos dos nenos. Durante unha das súas viaxes, o seu avión sofre un accidente no medio do deserto. Alí, o aviador coñece un raparigo, o Principiño, ao que lle pregunta moitas cousas, sorprendido de velo só no deserto, pero o rapaz só lle pide que lle debuxe un año.

Tras moitos intentos, acaba quedando co último, que resulta ser unha caixa na que, supostamente dentro, está o año. O pequeno escólleo porque é o año que só ven os nenos pequenos.
 

 

Nos outros días, o home descubrirá o lugar de procedencia do Principiño e os planetas que visitou. O Principiño habita nun pequeno planeta, onde hai volcáns e unha rosa coa que o raparigo soña todos os días. Mais un día, o Principiño decide ver os outros planetas.
Viaxa e ve moitas cousas: un río, un home vaidoso, un home bebedor, un home de negocios, un ancián, un raposo e dúas rosas.
Aprende algo novo de cada cousa que ve, coñece planetas grandes e pequenos e, finalmente, chega á Terra e atópase ao aviador.

O último día, o Principiño dille ao home que o seu lugar e xunto á súa rosa, os seus volcáns e as súas sestas ao sol. Á mañá seguinte, o home ve ao Principiño no sol, saúdao co brazo e dille adeus. Seis anos despois, o home decide escribir a historia, para lembrar ao seu Principiño.

O día da súa marcha, o Principiño dille ao home: Cando mires ao ceo, á noite, eu habitarei nunha estrela, e rirei sobre unha delas” . No presente, o home mira ás estrelas e ri con elas e pensa no Principiño, que vive nunha delas, e sabe que, neste mundo, hai moitas cousas que só os Principiños poden saber e entender.


O Principiño ensínanos o mundo e a imaxinación dos pequenos. O home pódese identificar co propio Saint-Exupéry, adulto coma os demais, pero que decide con poucos anos o que quere ser, admitindo que tamén é adulto. É un libro cheo de tenrura. O adeus do Principiño e as súas palabras chegarán ao corazón de calquera que o lea.

Texto de Noelia Montoto e Merichel Vicente, 4º ESO.
Ilustración de Silvia Rey, 4º ESO.