mo
s: 
Coco Chanel
Creou unha casa de costura en París en 1916, facendo triunfar a sinxeleza e a comodidade na moda feminina. Introduciu os vestidos de punto e os traxes xastre. Deseñou moitos complementos para a roupa, como bixutería, cintos e bolsos. Foi das primeiras creadoras da moda que asociou a alta costura e os perfumes, entre eles o célebre "Chanel nº5".
Christian Dior
Traballou como deseñador nas casas Schiaperelli e Agne's e como modista das Firmas Piguet (1938) e Lelong (1941) antes de fundar, xunto a M. Boussuc, a súa propia casa de alta costura en París. Triunfou enseguida co lanzamento dun estilo chamado “New Look” e incorporou o “prêt-á-porter” ás súas creacións. Estableceu sucursais en Nova York (1948) e en Caracas (1953). Trala súa morte, a firma estivo dirixida por Ives Saint-Laurent e, posteriormente, por Marc Boham e Gianfranco Ferrée, e comercializou, ademais de costura, perfumes e outros complementos.
Christian Lacroix
Naceu en Arlés, estudou historia da arte en Montpellier. Trasladouse a París e alí presenta os seus primeiros deseños de moda a Kart Lagerfeld, Marc Bohan e Angelo Tarlazzi, e entra a traballar en Hermés (1978). En 1981 foi director artístico de Jean Patou, en 1986 obtivo o premio Dedal de ouro e en 1987 asociouse con Jacques Picart para crear a súa propia casa de costura. En 1989 lanzou unha liña de complementos e o ano seguinte o perfume “C'est la vie!”. En 1991 presentou unha liña de prêt-á-porter seguida, en 1994, da liña de difusión Bazar. Lacroix deseñou para o teatro e a ópera.
Emmanuel Úngaro
Fillo dun xastre italiano emigrado a Francia, o prestixioso modisto Emmanuel Úngaro naceu na Provenza francesa no seo dunha familia vital, alegre e amante da música e das artes.
Yves Saint-Laurent
Naceu en Arxelia en 1936, chegou a París con 17 anos disposto a comer o mundo. E pronto demostrou que o seu empeño ía en serio, pois o mesmísimo Christian Dior rendeuse ante o seu talento. Deseñou vestiario para o cine e o teatro e lanzou perfumes de grande éxito comercial.
Pierre Cardin
Naceu en Sant' Andrea di Barbarina. Comezou a traballar como aprendiz de xastre en Saint-Étienne, con 14 anos, e en 1940 foi contratado en Vichy polo modisto Regoly. Máis tarde trasladouse a París e traballou na casa Paquin, participando na confección do vestiario da película A bela e a besta. Despois de estar con Schiaparelli, traballou para Christian Dior como primeiro modisto, ata 1949. Tamén fixo traxes para teatro. En 1958, presentou a súa primeira colección para home, un paso revolucionario para aquela época.
Givenchy
Naceu en Beauvais. En 1945 ingresou na escola de Belas Artes e comezou a traballar con Jacques Fath. En 1951 trasladouse a París e, nos anos seguintes, presentou a súa primeira colección coa modelo Bettina, nome que usou para bautizar unha blusa realizada en Shirting. O traballo con esta modelo proporcionoulle moita fama. A partir de 1954 abriu unha boutique de prêt-á-porter de luxo.

|