| |
|
| |
| |
Xulio Verne... un nome que soa como unha lenda, un home que nos devolve a aquelas viaxes fantásticas de Phileas Fogg ou á misteriosa nave do capitán Nemo que moitos disfrutamos.
Naceu en Nantes an 1828 nunha familia de avogados, o que o levou a estudar Dereito en París. Alí, coñece a Dumas que acepta montar unha obra súa titulada Les pailles rompues (As pallas rotas). Tamén nesta etapa ten relación con outros membros da elite da intelectualidade do momento: Victor Hugo, Eugène Sue...
Verne marcou os límites da ciencia ficción: unha base científica sólida e verificada (traballou con científicos de gran reputación), pero tamén un universo onde todo pode chegar, incluso se, para iso, fai falla ignorar de vez en cando as leis da física.
As súas obras máis representativas son Voyage au centre de la Terre (Viaxe ao centro da Terra), De la terre á la Lune (Da Terra á Lúa), Vingt-mille lieues sous les mers (Vinte mil leguas de viaxe submarina) ou Le Tour du monde en 80 jours (A volta ao mundo en 80 días).
|
|
Agora que se cumpren cen anos da súa morte, a figura do escritor segue rodeada de escuridades e contradicións.
Nas súas novelas Verne adiántase ao seu tempo introducindo helicópteros e ata unha rede global de comunicacións que recorda a internet. O parecido entre a viaxe que describe na súa obra Da Terra á Lúa e a misión do Apolo 8 non deixa de resultar sorprendente: as dúas tripulacións estaban constituídas por tres astronautas, as súas naves despegaron de Florida e, cumprida a misión, as dúas cápsulas caeron no Pacífico.
Coincidencias coma esta convertérono nunha especie de profeta tecnolóxico. O éxito das súas premonicións seguramente se debe á súa comprensión dos mecanismos do desexo humano: os inventos poden cambiar o estilo de vida, pero dificilmente alterarán as nosas aspiracións máis profundas.
|
|
No seu afán por inventar un paraíso tecnolóxico, Verne creará o Nautilus do capitán Nemo; unha máquina que funciona con enerxía limpa e inesgotable, capaz de levarnos a calquera lugar do planeta.
Na súa obra Vinte mil leguas de viaxe submarina, Xulio Verne fabula coa historia da batalla de Rande, que tivo lugar na ría de Vigo fai 300 anos. Nesta, perdeuse o que se considerou o maior tesouro de todos os tempos, que equivalería a uns 35.000 millóns de euros.
Outra das anécdotas desta novela é a posible inspiración do escritor francés nun mariñeiro coruñés para crear o personaxe do capitán Nemo. Fai uns anos, recibíronse uns documentos asinados por Santiago López, camareiro da Coruña. Entre eles, había fotografías da costa galega, dun submarino similar ao Nautilus e tamén o debuxo dun home maior rodeado de aparellos náuticos, no que se ve unha foto da Torre de Hércules. No reverso podíase ler: "autorretrato do vello N. no seu despacho". O feito de que se atopasen estas referencias, xunto coa viaxe de Verne a Galicia, invitan a pensar na autenticidade desta suposición.
|
|
Ademais, aparece outra incógnita arredor da figura de Verne: foi inspirador de Hergé? Atopáronse moitas similitudes e trazos en común entre a obra do primeiro e as Aventuras de Tintín. Algúns personaxes, escenarios e outras situacións dan conta disto.
Pódese dicir que, un século despois, a temática das súas novelas segue a ser de interese e a súas obras unhas das máis lidas en todo o mundo.
|
|
| |
| |
| |
Texto: Sandra Espiño, Félix Rodríguez e Laura Vázquez, 2º Bach.
Ilustración: Ana Mª Vilariño, 2º Bach.
|
|
|
|
|
|
|