| |
|
| |
| |
Francia é un país de Europa occidental que limita ao norte co canal da Mancha e o estreito de Dover; ao noroeste con Bélxica, Luxemburgo e Alemaña; ao leste con Alemaña, Suíza e Italia; ao suroeste co golfo de Biscaia e ao oeste co océano Atlántico.
A súa lonxitude é de 965 km e a súa anchura de 935 km.
París é a súa capital e a cidade máis grande do país.
Francia posúe lugares e costumes moi interesantes. Neste artigo mostrarémosvos o nome de cada rexión e unha serie de curiosidades de cada unha delas; hainas máis e menos importantes e interesantes, pero todas teñen algo que nos chama a atención e senón, lede o que vén a continuación e saberedes que o que estamos a dicir é certo. |
| |
|
| |
| |
|
|
| |
|
|
NORD-PAS-DE CALAIS, capital Lille.
Gastronomía: produtos típicos da zona son a cervexa e os mexillóns, predominando na súa cociña o sabor flamengo.
Personaxe célebre: Henri Matisse, pintor famoso, naceu en Cayeau-Cambrésis. |
|
| |
PICARDIE, capital Amiens.
Gastronomía: Produto típico da Picardía é a nata de Chantilly.
Personaxe célebre: Jules Verne pasa unha gran parte da súa vida en Amiens onde escribe Viaxes extraordinarias. |
|
|
|
| |
|
| |
 |
|
CHAMPAGNE-ARDENNES, a capital é Châlons-en-Champagne, aínda que a vila máis coñecida é Reims.
Gastronomía: Esta rexión é sobre todo coñecida polo champaña; un 62% do terreo está ocupado polos seus viñedos.
Personaxe célebre: Arthur Rimbaud, poeta simbolista, nace en Charleville-Mézières e Jean de la Fontaine, autor das famosas Fábulas, en Château-Thierry. |
|
| |
LORRAINE, coa capital situada en Metz.
Gastronomía: a coñecida quiche lorraine.
Personaxe célebre: Paul Verlaine, poeta simbolista, ou Bernard-Marie Koltès un dos dramaturgos contemporáneos máis coñecidos en Francia, que nacen en Metz.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
ALSACE, a súa principal cidade é Strasbourg, sede do Parlamento Europeo e do Consello de Europa.
Gastronomía: a choucroute (repolo cortado en xuliana e bañado en vinagre), as salchichas, o kouglhopf (pastel elaborado con pasas e améndoas), o queixo munster e os reputados viños brancos como o Riesling.
Personaxe célebre: Gutemberg viviu en Estrasburgo a principios do século XV. |
|
| |
|
| |
NORMANDIE, dividida en Haute-Normandie, coa capital en Rouen e en Basse-Normandie, coa capital en Caen.
Gastronomía: o queixo Camenbert e o Livarot, a manteiga e o calvados (augardente de mazá).
Personaxe célebre: Gustave Flaubert nace en Rouen e Erik Satie, músico francés, en Honfleur.
| |
|
|
| |
|
|
BRETAGNE, coa capital en Rennes.
Gastronomía: as crêpes (filloas) salgadas ou doces, a sidra, o marisco e o peixe.
Personaxe célebre: René de Chateaubriand, nace en Saint-Malo e Merlín l'Enchanteur, mago das lendas celtas, nace tamén na rexión. |
|
| |
|
| |
ÎLE-DE-FRANCE coa capital en París.
Gastronomía: cociña do mundo enteiro (francesa tradicional, chinesa, india, italiana, árabe...) sen esquecer a cociña vexetariana. Ademais pódense degustar os queixos de Meaux e de Coulommiers.
Personaxe célebre: Claude Debussy, músico, nace en Saint-Germain-en-Laye. Varios pintores impresionistas, Pissarro, Monet, Manet, Sisley, Renoir, etc. viviron na rexión e pintárona. |
|
|
|
| |
|
| |
|
|
AUVERGNE, coa capital en Clermont-Ferrand.
Gastronomía: queixos de vaca: le Bleu d'Auvergne, le Cantal, le Saint-Nectaire, la potée auvergnate, o xamón e o foie gras.
Personaxe célebre: Blaise Pascal, filósofo e escritor, nace en Clermont-Ferrand e Georges Pompidou, presidente francés de 1969 a 1974, nace en Cantal. |
|
| |
LIMOUSIN, coa capitán en Limoges.
Gastronomía: carnes de tenreira e tortas de castañas.
Personaxe célebre: Auguste Renoir, famoso pintor impresionista, nace en Limoges.
|
|
| |
|
| |
|
|
| |
|
|
CENTRE, capital Orléans.
Gastronomía: queixos de cabra como Saint-Maure, caracois, torta Tatin (torta de mazá caramelizada).
Personaxe célebre: Balzac, autor de La Comédie humaine, nace en Tours, François Rabelais, autor de Gargantua e de Pantagruel en Chinon, e Leonardo da Vinci morre en Amboise.
|
|
| |
PAYS DE LA LOIRE, capital Nantes.
Gastronomía: os espárragos, o famoso queixo Crottin de Chavignol, os berlingots (caramelos) de Nantes e os viños de Sancerre e de Touraine.
Personaxe célebre: Descartes nace en La Haye.
|
|
|
|
| |
|
|
POITOU-CHARENTES, coa capital en Poitiers, coñecida polo Futuroscope, parque europeo da imaxe e da comunicación.
Gastronomía: nos outeiros da rexión de Cognac, fabrícase o mellor coñac do mundo; o pineau de Charente, viño doce e picante ao mesmo tempo; os mariscos procedentes do Atlántico e os ricos produtos lácteos (manteiga).
Personaxe célebre: Michel Foucault, nace en Poitiers. |
|
| |
|
| |
BOURGOGNE, o nome da súa capital é Dijon.
Gastronomía: a mostaza, le boeuf bourgignon e os afamados viños de Borgoña como o Romane-Conti ou o reputado viño branco Chablis.
Personaxe célebre: Gustave Eiffel nace en Dijon. |
|
|
|
| |
|
|
FRANCHE-COMTÉ, capital Besançon.
Gastronomía: o queixo le comté, fabricado no macizo do Jura.
Personaxe célebre: Victor Hugo e os irmáns Lumière, inventores do cinematrógafo, naceron en Besançon; Louis Pasteur nace en Dole. |
|
| |
|
| |
AQUITAINE, con Burdeos como capital.
De Aquitania forma parte tamén O Pays Basque que se estende a ambos os lados dos Pireneos.
Gastronomía: os famosos viños de Bordeos (Medoc, Graves, Saint-Émilion, Sauternes...), o foie gras do Périgord, o confit e o magret de canard e as ostras de Arcachon.
Personaxe célebre: François Mauriac nace en Burdeos e Montesquieu nace cerca, exactamente no castelo de Brède. |
|
|
|
| |
|
|
MIDI-PYRÉNÉES, coa capital en Toulouse.
Gastronomía: o foie gras, a cassoulet (parecida á nosa fabada) e o queixo Roquefort.
Personaxe célebre: Jean Jaurès, político, nace en Castres e Toulouse-Lautrec, pintor, en Albi. |
|
| |
LANGUEDOC-ROUSSILLON, capital Montpellier.
Gastronomía: o queixo le pélardon, queixo de cabra, as castañas o os viños.
Personaxe célebre: Alphonse Daudet , escritor, nace en Nîmes.
|
|
|
|
|
| |
|
|
RHÔNE-ALPES, con Lyon como capital.
Gastronomía: berce de grandes restaurantes (Paul Bocuse), ademais o salchichón, a fondue savoyarde e o Reblochon, queixo de vaca.
Personaxe célebre: Saint-Éxupéry, autor de Le Petit Prince, nace en Lyon e Stendhal, en Grenoble. |
|
| |
PROVENCE-ALPES-CÔTE D'AZUR, máis coñecida polo nome de PACA, capital Marseille.
Gastronomía: a bouillabaisse marseillaise (prato de peixe), a ratatouille e a ensalada niçoise, as olivas, o aceite, as herbas provenzais.
Personaxe célebre: Os pintores Paul Cézanne, Vincent Van Gogh, Pablo Picasso, Henri Matisse pintaron a Provenza e Marcel Giono, escritor, nace en Manosque, vila cerca de Aix-en-Provence.
|
|
|
|
| |
|
|
CORSE, capital Ajaccio.
Gastronomía: o queixo Broccio, queixo fresco de cabra ou de ovella, a caza e os embutidos.
Personaxe célebre: Napoleón I nace en Ajaccio. |
| |
Texto e ilustracións: Giovana Otero, Irene Portas e Tania López, 2º ESO |
|
|
Agora se queres comprobar o que aprendiches, pincha aquí.
|
|
|
|
|
|
|