| |
|
|
| |
|
OS
GREGOS E O DEPORTE
|
| |
|
|
Se
ben os pobos antigos que deixaron evidencias da
súa afección polo deporte son multitude,
non hai ningún que poda disputar ao grego
a primacía neste campo. |
|
En
efecto, o desenvolvemento e importancia social que ao
longo e ancho da Hélade acadaron as prácticas
deportivas non ten parangón na Antigüidade,
pois o adestramento físico non constituía
un mero accesorio da formación da mocidade senón
a columna vertebral do sistema educativo. |
| |
|
|
| |
Xa
no século VIII a.C. os poemas homéricos
- as fontes literarias máis antigas de que dispomos
- coñecen certames con múltiples disciplinas
deportivas. A meirande parte do canto XXIII da Ilíada está dedicada a narrar os xogos fúnebres
que se realizan para honrar a memoria de Patroclo, o compañeiro
predilecto de Aquiles. O seu programa non difire demasiado
do que posteriormente se desenvolverá en Olimpia
e comprende carreira de carros, carreira a pé,
lanzamentos de peso e lanza, tiro con arco, loita, puxilato
e incluso combate con armas. |
| |
|
|
|
Xogos
fúnebres en honor de Patroclo. Cerámica
de figuras negras do s.VI a.C.
|
| |
|
Tamén
no canto VIII da Odisea hai competencias atléticas,
realizadas esta vez non para homenaxear a un defunto
senón a un hóspede que goza de excelente
saúde. |
Desde época arcaica e sobre todo a partir do século
VI a.C., en vésperas do período clásico,
os eventos deportivos multiplícanse por toda a
vasta extensión xeográfica que ocupan as
comunidades de cultura helénica. Aínda que
o espectáculo atlético ten por si mesmo
un indudábel poder de convocatoria, permanecerá
sempre ligado ás celebracións relixiosas,
e os xogos que espalladamente organizan as cidades insírense
no marco dos festexos dedicados a un deus ou a un heroe,
esa categoría intermedia entre o divino e o humano. |
|
|
|
Ao
lado dos innumerábeis xogos de carácter
local - algúns de gran envergadura e fastosidade,
como os Panatenaicos de Atenas - houbo catro lugares
que lograron transcender as fronteiras comarcais e concitar
o interese dos atletas e do público de todas
as cidades gregas, polo que os seus certames se coñeceron
como panhelénicos.
O máis antigo, e sen dúbida tamén
o máis célebre, foi Olimpia, nome que
ficou para sempre identificado co deporte. Pero a súa
fama, aínda que maior, era seguida de cerca polas
reunións atléticas que se realizaban en
Delfos, en Itsmia e en Nemea, todas elas orixinadas
no primeiro cuarto do século VI a.C. |
|
Os
Xogos Píticos, que tiñan por sede
o santuario e oráculo de Apolo en Delfos, ao
igual que os de Olimpia eran cuadrienais, pero a súa
celebración non era coincidente. |
|
Os Xogos Ístmicos, chamados así
por ter lugar nas inmediacións do templo
erixido a Posidón no extremo sur do istmo
de Corinto, así como os de Nemea, localidade
situada a uns trinta quilómetros ao sudoeste
da anterior e famosa por ter sido |
|
escenario
do primeiro dos doce traballos de Hércules,
tiñan unha frecuencia maior posto que se
disputaban cada dous anos. Os Ístmicos,
favorecidos polo seu emprazamento contiguo ao
mar, incluían no seu programa competicións
de regatas.
|
|
|
|
|
|
A
diferenza dos xogos locais, que outorgaban premios
de valor material, aínda que non necesariamente
en metálico, os panhelénicos tiñan
en común ofrecer por único galardón
unha coroa vexetal. Pero o prestixio e a gloria
que conferían aos vencedores suplían
con creces a falta de valor pecuniario da recompensa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|