| |
|
|
| |
|
OLIMPIA
ANTES DOS XOGOS
|
| |
|
Excepción
feita dalgúns breves períodos nunha
traxectoria superior aos mil anos, a organización
dos Xogos Olímpicos correu sempre a cargo
da cidade de Élide.
|
|
|
|
Cara
ao 400 a.C. o Consello dos eleos encomendou a un erudito
local chamado Hipias, que estabelecese unha cronoloxía
precisa dos que ata entón se disputaran. Como
resultado do seu traballo o estudioso concluíu
que a primeira celebración atlética con
vencedor coñecido tivera lugar no ano 776 a.C.,
data que máis tarde sería adoptada pola
maioría das poleis gregas como referencia
común para computar o tempo. Con todo, dábase
por suposta unha serie de ciclos de fundación,
decadencia e esquecemento que daba paso a unha nova
fundación, todo elo na brumosa época en
que deuses e heroes andaban mesturados e, ás
veces, tamén revoltos, no trato cotián. |
|
|
Así,
supúñase que case no inicio dos tempos
os primeiros xogos de Olimpia foran estabelecidos
e disputados por cinco irmáns cretenses,
os Curetes, para entreter ao entón pequeno
Zeus, encomendado a eles por Rea, a nai do divino
neno, a fin de poñelo a salvo do horrendo
Cronos que por sistema devoraba aos seus propios
fillos para evitar que algún lle arrebatase
o trono. |
|
Moito
máis tarde, cando xa as contendas se dirimían
entre humanos, os xogos coñeceron unha
segunda fundación debida a Pélope,
o heroe epónimo do Peloponeso e figura
sempre moi popular na Olimpia histórica,
onde tiña erixidos un altar e un cenotafio,
é dicir, un sepulcro baleiro. |
|
|
|
|
Algunhas
xeracións máis tarde chegoulle a quenda
a Heracles, o fillo máis forte que xerou
o prolífico Zeus de nai mortal. Tras resultar
vencedor dunha longa guerra contra os exércitos
de Auxias, rei de Élide, Heracles dispuxo
parte do botín obtido para adxudicalo como
premio das competencias atléticas que os
seus compañeiros de armas disputaron para
celebrar o triunfo. |
|
|
Dicíase
que o heroe aproveitara a ocasión para trazar
as lindes do Altis, isto é, do recinto
ocupado polos templos e altares da Olimpia histórica,
e que llo consagrara ao seu pai, Zeus.
|
| |
|
|
|
Reconstrución
do Altis no período de auxe dos Xogos
Olímpicos
|
| |
Deixando
a un lado as versións mitolóxicas e apelando
aos datos aportados pola arqueoloxía, todo indica
que polo menos tres séculos antes de que comezaran
as probas deportivas, Olimpia xa era un centro relixioso
de profusa actividade. Nos seus inicios, os cultos principais
estaban dedicados a antigas deidades (como o inquietante
Cronos), claramente vencelladas á economía
agropecuaria da zona (como Xea ou Deméter). |
|
Pero
se ben ningún deus foi expulsado nunca
do recinto, todos acabaron sometidos ao gran Zeus,
que escolleu Olimpia para instalar o seu oráculo,
quizais especializado en vaticinios bélicos.
A medida que a fama do santuario foi transcendendo
as fronteiras comarcais, os peregrinos comezaron
a afluír desde rexións cada vez
máis afastadas, en particular para a gran
festa cuadrienal do deus. |
|
|
Segundo
parece, os sacerdotes concedían á concorrencia
o honor de acender o lume que sinalaba o comezo das celebracións.
Facilmente compréndese que habería moitos
candidatos para un único papel e enxeniouse un
método para resolver as diferenzas co beneplácito
xeral. |
| |
|
Os
que optaran a tal privilexio debían afastarse
do altar a idéntica distancia e intentar gañalo
confiándollo todo á lixeireza dos seus
pés.
|
|
|
|
|
|
|
|