|
|
| |
|
QUEN,
COMO E CANDO
|
| |
|
|
Gañar
unha coroa olímpica terá sido o
soño se non de todos seguramente da maioría
dos mozos gregos. Conseguilo, claro está,
estaba ao alcance dun número moito máis
reducido. Pero tampouco participar era posíbel
con só desexalo.
|
|
Para
emprender o camiño da gloria, calquera candidato
a campión debía reunir unha serie de estritos
requisitos previos: o primeiro deles ser grego por filiación
tanto paterna como materna, pois polo menos ata o século
II a.C. os atletas doutras nacións atopáronse
co excluínte cartel "Non se admiten bárbaros
na pista". |
|
|
Esta
restrición foi abolida a resultas da conquista
de Grecia por Roma que obrigou a abrir as portas
de Olimpia a todos os cidadáns do Imperio.
Pero aínda quedaban varias máis:
o acceso á competición estaba reservado
aos homes libres e vedado aos escravos; tampouco
se aceptaban persoas sobre as que pesase algunha
condena xudicial e, por último pero fundamental,
había que demostrar unha condición
física adecuada ás esixencias do
certame deportivo máis prestixioso da Antigüidade. |
|
|
Por
outra parte, as competicións só incluían
probas en categoría masculina. En Olimpia, o atletismo
feminino tiña os seus xogos separados, chamados Hereos porque se realizaban baixo o padroado de
Hera e non do seu celestial esposo, Zeus. |
|
Nunca
tiveron a transcendencia
e comprendían unicamente
sobre unha distancia
Pero a relación da muller
xa como simple
algunha peculiaridade
Noutros sitios de Grecia
libremente ás
en Olimpia, en cambio, rexía
de permitir a entrada
impedila - e baixo
nada menos
|
|
dos
masculinos
unha carreira a pé
duns cento sesenta metros.
cos Xogos Olímpicos,
espectadora, presenta
moi rechamante.
podían concorrer
tribunas deportivas;
a curiosa disposición
ás solteiras pero
pena de morte,
- ás casadas. |
|
De
feito, só se garda memoria dunha transgresión:
a de Calipátira (ou Ferenice, segundo outras fontes), unha muller que
se disfrazou de adestrador para acompañar ao seu
fillo que competía no puxilato xuvenil. O rapaz
obtivo a vitoria e a súa nai, tola de contento,
saltou o valo que a separaba do seu adorado neno, pero
con tan mala fortuna que se lle enredou a túnica
e o engano quedou ao descuberto. |
Con todo, a historia tivo un final feliz, pois as
autoridades tiveron en conta a impresionante árbore
xenealóxica de Calipátira (o seu pai,
os seus tres irmáns e agora o seu fillo proclamáranse
campións olímpicos) e perdoaron á
infractora, de xeito que nunca se cumpriu, que saibamos,
a terríbel ameaza. |
|
|
|
|
Para
asegurar a dedicación exclusiva dos atletas ao
adestramento e a tranquilidade dos espectadores que afluían
desde todas as rexións do mundo coñecido,
cada catro anos declarábase unha "tregua sagrada".
Esta suspensión de hostilidades, asumida de xeito
unánime por todos os estados gregos, permitía
aos viaxeiros desprazarse ata Olimpia, asistir aos Xogos
e regresar ás súas casas sen temor a sufrir
ataques do inimigo. O quebrantamento da tregua considerábase
un grave delito no eido político e un acto sacrílego
no relixioso. |
|
Polo
normal desenvolvemento do evento velaban os chamados
helanódicas ou "xuíces dos
gregos". O seu número varía segundo
as épocas pero a partir do século IV a.C.
quedou fixado en dez. |
|
|
Entre
as súas atribucións estaba o comprobar
a idoneidade legal dos aspirantes a concursar, que
o seu nivel competitivo fose satisfactorio, dividir
os atletas segundo a súa idade en xuvenís
e adultos, sancionar calquera actitude contraria
aos regulamentos, oficiar de árbitros das
probas, coroar aos vencedores na cerimonia de clausura
e inscribir os seus nomes nos arquivos oficiais. |
|
O
atleta que se considerase prexudicado polas súas
decisións podía conseguir - se demostraba
que lle asistía a razón - que se multase
ao helanódica denunciado; pero os seus ditames
eran inapelábeis, pois o Consello olímpico
castigaba pero non rearbitraba. |
|
|
|
|