|
|
| |
|
OS
XOGOS: CARREIRAS PEDESTRES
|
| |
|
Correr
con rapidez foi unha virtude sempre admirada e
recoñecida polos antigos gregos:
|
|
|
|
parte
da superioridade física de Aquiles, o guerreiro
máis forte da Ilíada homérica,
débese á velocidade dos seus pés,
mencionada e recordada decotío; outros heroes,
como Ulises, gañaron a man da súa esposa
(neste caso, a sufrida Penélope) por ter sido
o primeiro entre moitos pretendentes en cruzar a meta. |
| |
A
milenaria historia dos Xogos Olímpicos inaugúrase
co nome dun corredor, Corebo de Élide (a cidade
que organizaba o festival de Zeus), gañador da
proba que logo se coñecería como estadio
e que por aquela data, 776 a.C., era a única que
se disputaba. O estadio era, en principio, unha medida
de lonxitude, equivalente a seis centos pés; máis
tarde designáronse así os recintos deportivos,
pois a pista onde competían os atletas tiña
ese longo, e acabouse por chamar tamén estadio
a carreira que cubría esa distancia. |
|
|
|
Vista
aérea do antigo estadio de Olimpia.
|
Non
obstante, o estadio era unha medida con numerosas variantes
locais, o que facía que as pistas fosen máis
longas ou máis curtas segundo o caso. En Olimpia,
a súa lonxitude exacta era de 192,27 metros. |
|
|
Durante
trece edicións o estadio foi a única
competición que se disputou, o que equivale
a dicir que por esa época Olimpia estaba
aínda lonxe de ser o multitudinario e complexo
festival deportivo no que se convertería
nos séculos seguintes. Pero
o prestixio da proba mantívose a través
do tempo e en recoñecemento á súa
antigüidade, denominábase a cada olimpíada
co nome do estadiónikos, isto é,
do vencedor nesa distancia. |
|
O
primeiro gran de area para a diversificación do
programa olímpico foi aportado polas mesmas carreiras
pedestres. No ano 724 a.C. introduciuse o diaulos ou "dobre estadio", proba que consistía
en recorrer dúas veces o longo da pista, polo que
a saída coincidía coa meta; os competidores
debían realizar un xiro de 180º ao redor dun
poste e regresar pola "rúa" paralela
á de ida. |
Nos
xogos seguintes, é dicir en 720 a.C., comezou
a practicarse o dólicos ou "carreira
longa"; unha proba de medio fondo, segundo
os nosos criterios de hoxe, que en Olimpia acabou
fixándose en vinte e catro estadios, algo
máis de 4600 metros. |
|
|
|
Dous
séculos enteiros houbo que esperar para que se
completase o programa de carreiras a pé.
|
|
|
En
efecto, foi en 520 a.C. cando se disputou por primeira
vez a máis curiosa das especialidades pedestres,
a carreira de hoplitas, palabra que designaba
aos soldados de infantería pesada. O nome
estaba suficientemente motivado, pois os participantes
debían percorrer dous estadios levando casco,
grevas e escudo. O hoplitodromos era a última
competición dos Xogos, co que se simbolizaba
o próximo final da "tregua sagrada". |
|
|
Naturalmente,
non temos marcas dos velocistas da Antigüidade,
posto que non existían tampouco medios técnicos
para cronometralas.
|
|
En
todo caso, o corredor
nas pistas de Olimpia
en
toda a historia dos xogos -
|
|
que
maiores éxitos acadou
-
e o atleta máis premiado
foi
Leónidas de Rodas,
|
|
|
que
entre os anos 164 a 152 a.C., é dicir durante
catro olimpíadas consecutivas, gañou todas
as probas de estadio, dobre estadio e hoplitodromos,
levándose a casa a impresionante colleita de
doce coroas de oliveira.
|
| |
Aínda
que non sexa posuidor dun palmarés tan abraiante,
outro corredor que merece unha mención é
Orsipo de Megara, gañador da proba do estadio no
remoto 720 a.C., pois a tradición atribúelle
a introdución dun risco moi peculiar do atletismo
grego: tería sido o primeiro en competir espido.
Segundo uns, o taparrabos que vestía caeulle en
plena carreira; segundo outros, desfíxose del a
propósito, convencido de que un pouco de frescura
melloraba o rendemento. |
Pode
que tivese ou non razón, pero dúas cousas
son irrefutábeis: conseguiu o seu obxectivo e a
moda acabou impoñéndose. |
|
|
|
|