|
|
| |
|
OS
XOGOS: PENTATLÓN
|
| |
|
|
O
pentatlón, disputado por primeira vez en
Olimpia nos xogos do 708 a.C, era un certame múltiple
que outorgaba unha única coroa a quen obtivese
os mellores resultados no total das cinco probas
que o compuñan: |
|
|
carreira
de estadio, lanzamentos de xavelina e disco, salto longo
e loita.
|
Segundo
a tradición mitolóxica foi Xasón,
o cabeza da expedición dos argonautas, quen concebiu
a idea de xuntar nunha soa competición esas cinco
disciplinas, de xeito que se puidese proclamar o atleta
máis completo, aínda que non fose, quizais,
o mellor especialista en cada unha delas. |
| |
|
|
|
Atletas
preparándose para o pentatlón:
dous portan xavelina, un o disco e o último as
halteras.
|
| |
A
loita e, naturalmente, a carreira do estadio constituían
tamén probas independentes do programa olímpico,
cos seus contendentes e galardóns propios, pero
as outras tres só tiñan cabida no marco
do pentatlón. |
|
|
O
lanzamento de disco, especialmente querido polos
artistas antigos debido á súa plasticidade,
realizábase, pouco máis ou menos,
como hoxe en día. Nas primeiras épocas
os discos eran de pedra pero logo impuxéronse
os de metal, que permitían acadar máis
facilmente a uniformidade de peso. |
|
A
xavelina tampouco era moi diferente da moderna. O seu
trazo máis peculiar era a presenza dunha tira de
coiro, situada cara a metade da hasta, pola que o atleta
pasaba un ou dous dedos para imprimir maior forza ao lanzamento. |
|
Tanto
o disco como a xavelina eran potencialmente perigosos
para os espectadores (contábase que o mesmísimo
Apolo matara o seu amigo Xacinto ao lanzar o disco
con menos precisión do que cabería
esperar dun deus), de modo que para diminuír
o risco, os tiros realizábanse desde unha
área restrinxida e só eran válidos
se caían na franxa central do estadio. |
|
|
|
A
competición de salto foi sempre de lonxitude,
pois o de altura non parece que se practicara na Antigüidade.
Esta proba presentaba a singularidade respecto aos nosos
usos de que se realizaba con halteras,
|
|
isto
é, cunhas
con asas ou
saltador levaba
e soltaba no foso
|
|
pequenas
pesas
agarradoiras que o
en cada man
no momento de caer. |
|
As
halteras, de diversos tamaños e formas, eran utilizadas
nos adestramentos por atletas de todas as especialidades
como pesas propiamente ditas, de onde o termo "halterofilia" para referirse ao levantamento de peso. |
|
|
A
execución do salto era acompañada
polo son da frauta, que axudaba ao competidor a
atopar a cadencia adecuada para a batida, tal como
hoxe soen pedir os saltadores ao público
que marque o ritmo batendo palmas.
Non sabemos cal era a orde que seguían as
probas pero si que a última era a loita;
o que segue sendo unha incógnita é
se a disputaban todos os participantes ou só
os dous primeiros clasificados para dirimir o título. |
|
|
Segundo
Pausanias, o pentatleta máis laureado de toda
a historia olímpica foi un defensor das "cores
locais", Gorgo de Élide, que no último
terzo do século III a.C. se fixo coa coroa en
catro ocasións, á parte de ter triunfado
unha vez no dobre estadio e outra no hoplitodromos. |
|
A
maioría dos deportes para adultos tiñan
a súa correspondente versión para
adolescentes e incluso nenos.
Tamén o pentatlón xuvenil foi incluído
no programa dos xogos de 628 a.C.; pero a proba
combinada non callou nesta categoría, pois
por algún motivo que descoñecemos
aquela foi a primeira e última vez que
se disputou. |
|
|
|
|
|
|