|
|
| |
|
OS
XOGOS: DEPORTES PESADOS
|
| |
Aínda
que intelectuais da talla de Aristóteles
ou o médico Galeno consideraron aos pentatletas
modelo de harmonía física, o gusto
do afeccionado medio inclinábase máis
cara aos deportes violentos que se resolvían
mediante o combate corpo a corpo. |
|
|
|
Habíaos
de tres tipos: loita, puxilato e pancracio.
|
| |
|
|
| |
Ao
igual que o pentatlón, tamén a loita ingresou
no programa olímpico no 708 a.C. - en certo modo
por partida dobre, formando parte da combinada e como
proba autónoma-. Das disciplinas pesadas era a
que menos riscos entrañaba de sufrir lesións
graves. |
|
Comprendía
dúas
na que se
quen lograba
ao seu adversario,
|
|
variantes,
a "vertical",
proclamaba vencedor
derribar tres veces
e a "horizontal", |
|
que
comezaba cos contrincantes igualmente de pé pero
que continuaba tras a súa caída ata que
un dos loitadores conseguía por de costas ao seu
rival. Permitíase aplicar chaves de cintura arriba
e botar a cambadela, pero non inmobilizar as pernas. A
loita era moi popular, posto que a súa práctica
era masiva e obrigatoria na educación dos mozos.
Antes
do combate os loitadores untaban o seu corpo con
aceite, xa que consideraban que protexía
a súa pel tanto do frío como do calor,
e sobre esa capa aplicaban logo outra de po, de
xeito que o corpo non quedase completamente escurridizo.
Acabada a lide, limpaban aquel mexunxe de aceite,
terra e suor cun rascadoiro. |
|
|
O
puxilato integrouse nos xogos de Olimpia no 688 a.C.,
pero xa para entón contaba cunha tradición
en territorio grego non inferior a mil anos. Ao igual
que no boxeo moderno só estaba permitido golpear
cos puños, que se envolvían con tiras de
coiro de boi a maneira de luvas. As vitorias proclamábanse
unicamente por abandono do rival. Para o caso de que un
combate se mantivese indeciso durante un tempo excesivo,
o árbitro podía decidir aplicar o clímax...
|
|
|
...
un método de desempate realmente expeditivo:
procedíase a realizar un sorteo e o agraciado
adquiría o dereito a propinar unha puñada
ao seu adversario sen que este se defendese; se
lograba sobreporse era a súa quenda e así ata rematar. |
|
|
O
pancracio ou "combate total" era unha combinación
de loita e boxeo, incluída no programa olímpico
a partir de 648 a.C. Nesta modalidade, sumamente brutal
e perigosa, case todo estaba permitido agás roer,
meter os dedos nos ollos e rabuñar. |
Nos
tres deportes as parellas de contendentes designábanse
por sorteo. Tampouco existía a división
en asaltos nin se distribuía aos deportistas
en categorías segundo o seu peso, de xeito
que a corpulencia era un valor engadido para os
aspirantes a campións. |
|
|
As
disciplinas pesadas son as que maior número de
nomes famosos legaron á posteridade, xa que a forza
corporal era profundamente admirada polos gregos, e é
difícil destacar só un destes émulos
de Heracles por encima dos demais. |
|
Citemos, entre os máis célebres, ao loitador
Milón de Crotona,
|
|
un
pouco farfallán
ás exhibicións de
pero home con
|
|
pola
súa inclinación
poderío muscular,
sensibilidades filosóficas |
|
|
e
hábil para conciliar contrarios, pois sendo discípulo
do vexetariano Pitágoras consumía, segundo
din, dez quilos diarios de carne e outros tantos litros
de viño, quizais para manter o equilibrio entre
sólidos e líquidos.
|
| |
Tampouco
esqueceremos ao puxilista Diágoras de Rodas,
pai da animosa Calipátira,
que abriu o camiño dos triunfos olímpicos
que logo seguirían dúas xeracións
dos seus descendentes.
|
|
|
Cóntase
que nos xogos de 448 a.C. dous dos seus fillos proclamáranse
o mesmo día vencedores, no puxilato o un
e no pancracio o outro. Tras recibir as coroas,
cinguiron as tempas do seu pai e paseárono
en andas polo estadio que, posto en pé, aclamábao
e lanzáballe flores. Sen esperar xa acadar
maior felicidade na súa vida, o bo de Diágoras
morreu da emoción, a ombros dos seus fillos. |
|
|
|
|
|