|
|
| |
|
OS
XOGOS: CARREIRAS HÍPICAS
|
| |
|
|
Ata
o momento a ninguén se lle ocorreu incluír
carreiras de cabalos no programa dos Xogos Olímpicos
modernos, pero na Antigüidade non se concibía
a súa realización sen as trepidantes
e populares probas do hipódromo. |
|
|
Populares
en canto que concitaban o interese dun amplo público,
pero moi selectivas á hora de acceder á
súa práctica. |
|
|
Para
dedicarse ao puxilato había que ser un
tipo fortachón e con ganas de faixarse;
para soñar cunha coroa de estadiónikos
bastaban un par de boas pernas; |
|
|
|
pero
a manutención de cabalerías, con todos
os seus accesorios e persoal especializado, non estaba
ao alcance de calquera: era necesario contar con moito
diñeiro. Así, as probas hípicas
foron, durante longo tempo, couto pechado de monarcas
e aristócratas; |
|
|
|
cando
chegaron os réximes democráticos pouco
se notou o cambio: seguiron sendo terreo exclusivo dos
cidadáns máis adiñeirados. Non
obstante, nada diso impedía que espertase o entusiasmo
das masas nin que a xente se apiñase no hipódromo,
ávida de emocións fortes. |
| |
|
As
carreiras eran de dous tipos: de cabalgaduras con xinete,
tal como as que ata hoxe mesmo se realizan, e de carros,
tirados por dous ou catro animais. Ao igual que ocorría
cos atletas, que tiñan concursos separados segundo
fosen maiores ou menores de dezaoito anos, tamén
os equinos se dividían en dúas categorías,
unha para poldros e outra para adultos, sendo as distancias
a cubrir menores para os primeiros. |
|
|
As
carreiras de monta facíanse a pelo, pois
os xinetes non utilizaban nin cadeira nin, por
suposto, estribos (aínda que si rendas).
Eles mesmos podían levar unha túnica
curta ou ben ir sinxelamente espidos. |
|
|
|
Pero
as preferencias dos espectadores inclinábanse
sen disimulo cara as carreiras de carros e aínda
máis polas cuadrigas - de tiro cuádruple
- que polas bigas - de tiro dobre -.
|
|
|
As
razóns hai que buscalas no seu maior
grao de dificultade técnica e na moi
alta probabilidade de que ocorresen accidentes,
algo que se gozaba polo menos tanto como se
lamentaba. As carreiras completábanse
tras varias voltas á pista e, segundo
parece, os momentos máis críticos
adoitaban vivirse ao chegar ás columnas
que sinalaban o punto de xiro, pois todos
querían pasar o máis cerca delas
que fora posíbel a fin de aforrar uns
metros de percorrido. |
|
|
En
todo caso, era común
que chegasen á meta menos competidores dos
que saíran.
Aos
nosos ollos, quizais o máis curioso
- e tamén o máis chocante -
das probas hípicas antigas é que nin
xinetes nin aurigas
(isto é, os cocheiros dos carros)
eran proclamados ganadores, a pesar de ter asumido
todo o risco.
|
|
Pois
non; o dereito á gloria correspondía
das cabalerías, un atallo que permitiu
políticas inscribir o seu
os vencedores dos xogos
manchado xamais co
|
|
aos
propietarios
a moitas figuras
nome entre
sen terse
po da pista. |
|
E
non só iso; dita convención permitiu que
nun certame tan marcadamente masculino como o olímpico
ata seis mulleres conseguiran alzarse coa coroa de oliveira
ao ser propietarias do tiro ou a montura triunfadora. |
| |
|
Lembremos,
para rematar, os nomes de dous ganadores, un bípede
e o outro cuadrúpede.
|
|
|
O
primeiro é o de Lucius Minicius Natalis Quadronius
Verus, dono da cuadriga vencedora nos xogos de 129
d.C., cidadán romano nado en Barcelona e,
en consecuencia, o primeiro campión olímpico
orixinario da Península Ibérica. |
|
|
O
segundo nome é un chisquiño máis
curto, o de Aura, egua propiedade do corintio
Fidolas que gañou ela soa nos xogos de
512 a.C.. A poucos metros da saída o seu
xinete foise ao chan, pero Aura nin parou nin
escapou a retozar pola chaira de Olimpia senón
que continuou na carreira, acelerou ao oír
a trompeta que anunciaba a última volta
e só se detivo ao cruzar a meta. |
|
|
|
Os
árbitros decidiron concederlle a coroa e o agradecido
Fidolas dedicou unha estatua en Olimpia a Aura, que
ben o merecía.
|
| |
|
|
|
|