| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
Moitas
son as creacións do pensamento grego antigo que teñen
influído de xeito decisivo no desenvolvemento da cultura
occidental polo que, ademais de arbitrario e discutíbel,
sería moi arriscado considerar unha delas como a máis
importante, postergando a un inxusto segundo plano todas
as demais. Non obstante, pódese afirmar sen vacilacións
que unha das máis orixinais, complexas e produtivas
foi a invención do drama que, ao longo dunha rica traxectoria
de dous mil cincocentos anos - e algún máis-, chegou
ata nós fresco e cheo de vitalidade, sempre transformándose
e, ao mesmo tempo, fiel sempre a si mesmo. Pero, como
era aquel primeiro teatro que xurdiu en Grecia na segunda
metade do século VI a.C.?
|
|
O
DITIRAMBO E A PREHISTORIA DO TEATRO
|
| |
|
|
As
orixes do drama hai que buscalas en certos aspectos
da relixión dos antigos, particularmente no culto
a Dionisos, deus do viño e da vide ao que se lle
atribuían lendas que incluían a súa morte e resurrección.
A Dionisos dedicábanselle festas en diversas épocas
do ano e os seus fieis celebrábanas entoando cánticos
corais chamados ditirambos que relataban
episodios da historia do deus. |
|
Segundo a tradición o primeiro en dotar o ditirambo dunha
linguaxe esmerada, elevándoo de simple canto relixioso
á categoría de produto artístico, foi o poeta e músico
Arión, natural da illa de Lesbos pero que traballou e
viviu en Corinto arredor do ano 600 a. C. Tamén lle atribuían
os antigos a introdución doutras novidades como que o
coro se presentase con vestimenta de sátiros, uns curiosos
seres con corpo humano e cola e orellas de cabalo (posteriormente
con patas de cabra) que formaban parte do séquito de Dionisos,
e que este tivese un director, o corifeo, que por
momentos podía asumir tamén o papel de voz solista.
|
|
A
REVOLUCIÓN DE TESPIS
|
Pero o ditirambo de Arión aínda non era teatro senón poesía
cantada. O paso definitivo que conduciría á traxedia deuse
en Atenas. Temos unha data que, con certa elasticidade,
podemos considerar fundacional: o 534 a. C., ano no que
Pisístrato, que daquela gobernaba a cidade, instaurou
o festival das Grandes Dionisias que incluía representacións
teatrais (aínda que é probábel que entón só
se lle outorgase rango oficial a algo que xa existía previamente).
|
Pero
sobre todo temos un nome, o de Tespis, primeiro
autor dramático coñecido e creador dunha figura
fundamental sobre a que se cimentaría todo o desenvolvemento
posterior do teatro: o actor. A diferenza do corifeo
de Arión, o actor que introduce Tespis é independente
do coro. Trátase dun personaxe novo que dialoga
co corifeo e responde as súas preguntas, carácter
"contestador" do que tomará o seu primeiro
nome, hypokrités (de , "responder", que co tempo acadará o significado
actual de "finxir", "simular"). Aínda que non
se teña conservado nin unha liña das súas obras,
esta invención outorgou a Tespis para sempre o
nome de "pai da traxedia" e a súa consecuencia
directa foi o desenvolvemento das partes dialogadas
en detrimento dos fragmentos líricos ou cantados.
|
|
|
A
diminución da importancia do coro levou paulatinamente
á redución do número dos seus integrantes, que dos cincuenta
do ditirambo pasou a ter, na época de plena madureza do
teatro grego antigo, entre doce e quince no caso da traxedia
e vinte e catro membros na comedia. Outro aspecto que
debe destacarse é que xa desde os seus inicios o drama
ampliou a temática orixinal do ditirambo e botou man profusamente
de tradicións heroicas que non gardaban relación algunha
coa historia de Dionisos, apertura argumental que supuxo
que o vello coro de sátiros do ditirambo dese paso a un
coro caracterizado cada vez de xeito diferente, segundo
o requirise o asunto tratado en cada peza dramática.
Digamos finalmente que a Tespis se lle atribúe tamén o
perfeccionamento doutro elemento característico do teatro
antigo: a máscara. Ata entón facíanse con cortizas de
árbore e eran iguais para todos os membros do coro. A
aparición do actor fixo xurdir a necesidade de dotalas
de riscos individuais e, por iniciativa de Tespis, comezaron
a fabricarse de liño recuberto logo con escaiola sobre
a que se pintaban trazos que permitiran identificar os
personaxes. |
| |
|
|
| |
|
|
|