| |
|
|
| |
|
|
| |
|
Na
súa época de esplendor o drama grego antigo distinguía
tres subxéneros, é dicir, tres tipos diferentes de obras:
traxedia, comedia e drama satírico, que presentaremos
a continuación seguindo a orde inversa.
|
| |
|
O
DRAMA SATÍRICO
|
| |
A última das tres formas dramáticas arriba mencionadas é
para nós a de menor transcendencia, posto que, a diferenza
da traxedia e da comedia, non tivo continuidade en época
contemporánea. Por outra parte é tamén a que menos mostras
nos legou, xa que só se conserva íntegro un drama satírico
(o Cíclope de Eurípides) e apenas uns poucos fragmentos
doutros dous. Os antigos, ao contrario, outorgábanlle maior
importancia. Aristóteles considerábao o precedente da
traxedia, aínda que as opinións ao respecto non eran unánimes,
pois outros contemporáneos seus críano posterior. En cualquera
caso, o drama de sátiros toma o seu nome da vestimenta
do coro, ataviado de igual xeito ca no vello ditirambo,
co cal, probabelmente queríase homenaxear a Dionisos ao
culminar cada triloxía, aínda que o asunto tratado non
tivese relación directa coa vida do deus. O drama satírico
presenta varios puntos en común coa traxedia: ao igual
ca esta, pon en escena heroes e deuses e a linguaxe e
os metros poéticos que utiliza son tamén semellantes. |
Pero hai unha notábel diferenza no tratamento
dos temas, toda vez que as aventuras e desventuras
dos heroes non se presentan ao espectador coa solemnidade
da traxedia senón desde unha perspectiva que mestura
o serio e o desenfadado. De aí a afirmación do político
ateniense Demetrio Falero, que, cara ao ano 300 a.C.,
definía o drama de sátiros como "unha traxedia rebuldeira".
Por outra parte, a súa posta en escena tiña lugar
como corolario dunha triloxía tráxica (é dicir,
de tres traxedias sucesivas) , de modo que en parte
o seu obxectivo era aliviar o ánimo do espectador
acorado pola gravidade das representacións precedentes.
|
|
|
| |
|
|
| |
De
acordo coa opinión expresada por Aristóteles na súa Poética,
a comedia tería as súas orixes nas procesións fálicas
que se celebraban en honor a Dionisos durante as festas
propiciatorias dos cultivos. En tales procesións, chamadas (palabra que significa troula, foliada), grupos de aldeáns
percorrían as sementeiras acompañando con cantos a figura
dun falo, símbolo de fertilidade.
( =
canto), era a canción ou cancións que se entoaban durante
a procesión destinada a solicitar un ano de boas colleitas,
cánticos abundantes en bromas groseiras e alusións sexuais
cuxo ton e linguaxe desenfadada recibiría logo en herdanza
a comedia teatral. A comedia foi admitida no programa
de festexos oficiais da cidade de Atenas con bastante
atraso respecto da traxedia, case medio século despois,
no 486 a. C.; aínda que pouco sabemos das obras concretas
daquela época, pois a máis antiga que chegou aos nosos
días, os Acarnienses de Aristófanes, data do 425
a.C. A partir do 440 a. C., as festividades relixiosas
celebradas anualmente en Atenas e os seus arredores que
incluían certames dramáticos eran tres: as Leneas, as
Dionisias rurais e as Dionisias urbanas, tamén chamadas
Grandes Dionisias e que son as que mellor coñecemos. A
selección das obras que finalmente tomarían parte no concurso,
así como a adxudicación dos premios, seguía un proceso
semellante para ámbalas dúas formas dramáticas
que se describirá ao falar da traxedia. |
|
|
A diferenza básica estriba en que os tráxicos escollidos
para a competición eran tres (aínda que as obras
doce, a tetraloxía por autor) e os comediógrafos
cinco (a unha obra per cápita), agás no período
no que Atenas se veu envolta na guerra do Peloponeso
(431-404 a.C.), cando se viron reducidos a tres
probabelmente a causa das dificultades económicas
que atravesaba a cidade. Non está moi claro se as
cinco comedias se representaban todas nun mesmo
día ou en cinco consecutivos, a razón dunha por
xornada. Polo menos para o caso das Grandes Dionisias,
isto último parece o máis probábel. |
|
En
canto á estrutura da comedia, isto é, as partes en que
se divide a súa acción, o seu desenvolvemento non era
moi distinto ao da traxedia, aínda que tampouco había plena
coincidencia. Antes de describila, debemos dicir que case
todos os nosos coñecementos concretos acerca da comedia
grega proveñen das obras de Aristófanes, autor ateniense
que viviu aproximadamente entre os anos 445-385 a.C.,
pois, a pesar de que se coñecen os nomes de moitos outros
comediógrafos, case ningún texto chegou ata os nosos días,
nin anterior, nin posterior ao gran Aristófanes. Feita
esta advertencia, pasemos a detallar a estrutura dunha
comedia á que, en propiedade, poderiamos chamar aristofánica. |
Ao
igual ca na traxedia, a comedia ábrese cun prólogo (1) e cando este conclúe prodúcese a entrada do
coro ou párodo (2). A partir de aquí atopámonos
cun par de particularidades da comedia. Tras o párodo
segue o agón (3), un enfrontamento de palabra
entre dous adversarios que debaten o tema central
da obra con argumentos contrapostos. Acabado o agón,
os personaxes abandonan o escenario e o coro, no
que se denomina parábase (4), adiántase cara
ao público e fala directamente aos espectadores,
polo xeral para expor os puntos de vista do autor. |
|
|
Deseguida sucédense os episodios (5), escenas que
van desenvolvendo a trama, separadas por breves intervencións
do coro, ata chegar ao desenlace co éxodo (6), onde
todo soe acabar en voda ou festa. Como se verá máis adiante,
só os puntos 3 e 4 non son comúns a comedia e traxedia. |
O
tratamento que a comedia ateniense do século V a. C. fai
dos seus temas esperta a hilaridade, pode por momentos
ser esmendrellante, pero a diversión do espectador non
é o seu único obxectivo. Provoca o riso, pero simultaneamente
ridiculiza e parodia personaxes reais da Atenas da época,
censura a decadencia moral, sinala inxustizas sociais,
condena a guerra, defende a paz e chega incluso a exercer
a crítica literaria (como na famosa as Ras de Aristófanes)
ou a escenificar preocupacións filosóficas (como na comedia
as Nubes, na que Aristófanes parodia as
ideas de Sócrates). En poucas palabras, está chea
de alusións ás circunstancias e problemas do seu tempo,
aos que se enfronta a través do humor. Despois
de Aristófanes a comedia abandonou paulatinamente a caricaturización
de persoas reais e suavizou a virulencia das súas críticas
ata extinguilas case por completo, pasando a ocuparse
máis que nada de parodiar tipos xerais da vida cotiá.
É moi probábel que a esta evolución contribuíra
un cambio dos gustos, pero un peso aínda maior debe atribuírse
a un cambio nas condicións da vida política que supuxo
unha considerábel redución das marxes de liberdade.
Hoxe en día distinguimos tres períodos na traxectoria
da comedia grega: a) o da comedia antiga, que inclúe todo
o século V a.C.; b) o da media, con límites temporais
situados entre o 400 e o 323 a.C., ano da morte de Alexandre
Magno; c) o da comedia nova, que abrangue desde o 323
ata o 263 a.C., data da morte de Filemón, considerado
o último gran comediógrafo grego. |
| |
|
PRINCIPAIS
AUTORES DA COMEDIA GREGA
|
| |
As
fontes antigas transmitíronnos varias ducias de nomes
de escritores de comedia gregos, distribuídos entre
os tres períodos enumerados no parágrafo anterior.
Pero a meirande parte deles son para nós pouco máis ca
iso, meros nomes, porque apenas se sobreviviu dos máis
afortunados un puñado de fragmentos, e a partir de tan
exigua base é moi difícil compor unha idea real da súa
valía. |
|
|
Excepción a esta regra do baleiro constitúe o caso
de Menandro, o autor máis destacado da comedia nova.
Nacido en Atenas no 342 a.C., estímase, con menor
seguridade, que morreu no 292 a. C., probabelmente
asasinado no marco dunha conspiración política.
Da súa abundante produción consérvase unha obra
íntegra (Díscolo, coñecida tamén como o Misántropo), extensos fragmentos doutras nove
e breves pasaxes dalgunha máis. A trama das súas
creacións, pródiga en amoríos, coincidencias, recoñecementos
e complicacións varias, anuncia o que moito máis
tarde se coñecerá como "comedia de enredo".
|
|
A obra de Menandro exerceu unha grande influencia na posterior
comedia romana e, a través dela, o seu influxo chegou
ata os escenarios europeos da época moderna. |
Pero
se buscamos un nome que por si mesmo sexa case un
sinónimo de comedia grega antiga, entón bastará
con pronunciar o de Aristófanes, por outra parte
xa profusamente mencionado. Se ben da súa vida non
sabemos practicamente nada, pois nin sequera as
datas do seu nacemento e morte (445-385) son de
todo seguras, a súa obra é, con moitísima diferenza,
a que maior fortuna tivo para salvar os múltiples
escollos do tempo onde tantas obras afundiron, pois
ata once das súas comedias chegaron incólumes aos
nosos días. A máis antiga é os Acarnienses,
representada no 425 a.C.e a máis nova, Pluto,
que subiu a escena no 388 a.C. No interior dese
arco de trinta e sete anos de actividade, floreceron
os Cabaleiros, as Nubes, as Avespas,
a Paz, as Aves, Lisístrata,
as Tesmoforiantes, as Ras e as Asembleístas. |
|
|
O
teatro de Aristófanes, sobre todo o anterior ao ano 400
a.C., caracterízase por unha imaxinación desbordante,
unha linguaxe desinhibida e a profusión de burlas
e críticas esparexidas por todas partes, froito dunhas
coordenadas histórico-políticas que permitiron acadar,
ata a derrota ateniense na guerra do Peloponeso, unha
liberdade de expresión tan ampla como non volvería coñecerse.
Para saber un pouco máis de Aristófanes, paga a pena ler
o diálogo de Platón chamado Simposio (coñecido
tamén como Banquete), onde o comediógrafo é un
dos invitados á reunión en cuxa boca pon Platón unha teoría
dos sexos tan alucinante como divertida. |
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|