| |
|
|
|
|
Oíches falar de Diocles? Non? Será que non les prensa deportiva. |
|
|
|
|
Todo o mundo coñece a fórmula que os gobernos da antiga Roma aplicaron durante séculos para manter contenta e entretida á poboación da tumultuosa capital do Imperio: panem et circenses, pan e circo ou, dito doutro modo, barriga chea e espectáculos fortes para desafogar a gusto. Igualmente, o primeiro que a todo o mundo se lle vén á cabeza tratándose do circo romano son os ludi gladiatorii ou xogos de gladiadores (que máis tarde se mudaron ao anfiteatro),
|
|
unha sanguinaria diversión que os romanos herdaron dos etruscos, moi popular entre o público de entón e amplamente recreada no cine do noso tempo. E non obstante, había outro "número" naquel circo que facía sombra incluso aos combates de feras africanas ou de homes recrutados para xogarse a vida, ben á forza ou por diñeiro. |
|
|
A verdadeira paixón do pobo romano, o espectáculo que aseguraba tribunas sempre abarrotadas aínda que chovese a cántaros ou o sol fritira os miolos, eran as carreiras hípicas, en particular as de cuadrigas, isto é, as de carros tirados por catro cabalos. Cando chegaba o día da competición, desde moitas horas antes do amencer, desprazábanse cara ao Circo Máximo verdadeiras multitudes para coller bo sitio nas tribunas.
|
|
|
Os senadores e os cabaleiros tiñan as súas bancadas reservadas e por tanto a súa praza segura, pero os plebeos moitas veces non o conseguían senón a forza de cobadadas e de puñadas. Por iso preferían madrugar. E non é que o circo fose pequeno: se a xente quedaba sentada había sitio para cento cincuenta mil persoas; pero se o público permanecía de pé aínda cabían cen mil máis.
|
|
|
Os carros eran similares aos gregos: lixeiros, de dúas rodas, pechados por diante e abertos por detrás. E na súa caixa, o auriga ou cocheiro, sobre quen pesaba a responsabilidade de acadar o triunfo coa súa pericia e o perigo de perder a vida nalgún dos moitos accidentes que ocorrían. Os carros situábanse nas cocheiras - carceres en latín - pechadas cunha soga que se deixaba caer ao dar a partida. Cada carreira consistía en sete voltas en torno á spina do circo, un muro que dividía a pista en dous grandes carrís paralelos, totalizando un percorrido de oito mil trescentos metros. Sobre a spina, onde estaban os xuíces, había tamén sete delfíns de metal. |
|
A cada volta completa invertíase a posición dun delfín, de xeito que tanto os aurigas como o público puideran saber as voltas que faltaban. O punto máis complicado adoitaba ser o xiro para tomar o carril inverso, pois había que rodear un marco de pedra pasando o máis preto del que se puidera pero sen tocalo, porque un leve roce podía esnaquizar o carro e ferir ao auriga. A vitoria non dependía só da velocidade senón tamén da estratexia dos cocheiros, que adoitaban zigzaguear para cortar o paso aos que o seguían. |
|
|
| |
Pero se as carreiras espertaban tan fanática adhesión, debíase a que toda a cidade participaba dalgunha maneira nelas, porque, en efecto, todos os cidadáns se identificaban con algunha das catro grandes faccións ou "clubs" do hipódromo: os vermellos, os brancos, os verdes e os azuis. |
| |
|
|
|
Estas faccións, como sucede hoxe en día cos clubs máis poderosos da liga de fútbol, eran sociedades comerciais moi fortes con numerosos empregados aos que proporcionaban medios de vida - constructores de carros, xastres, médicos, veterinarios, coidadores, domadores e, naturalmente, aurigas, que levaban un casco de metal e unha túnica curta coas cores do seu equipo, ademais dun coitelo por se era necesario cortar as rendas, xa que ían atadas á cintura e podían arrastrar ao conductor en caso de caída. Os aurigas, por outra parte, eran profesionais e, como todo deportista de masas, xente admirada ou odiada segundo as cores que defendese. |
|
|
E aquí aparece, por fin, o noso invitado de hoxe, o gran Gaius Apuleius Diocles, o auriga que máis triunfos recolleitou na difícil e perigosa area do circo romano. Nacera (natione hispanus lusitanus, é dicir, hispano da provincia de Lusitania) no ano 104. Comezou a súa actividade no 122 e retirouse no 146, tras ter disputado 4.751 carreiras, das que gañou 1.962. Noutras palabras, máis do corenta por cento das súas participacións saldáronse cunha vitoria. Comezou competindo coa facción dos brancos, pero non hai dúbida de que era un auténtico profesional, pois nos seus vinte e catro anos de auriga correu tamén para os azuis, os verdes e os vermellos, tentado probabelmente por melloras contractuais, granxeándose a animadversión dos seus seguidores de onte e o caloroso recibimento dos seus novos fanáticos, encantados coa galáctica fichaxe.
|
|
|
|
Retirouse, como dixemos, aos corenta e dous anos, cheo de gloria e farto de diñeiro. |
|
|
 |
|
|
|