| |
|
|
| |
|
TEUCRO
E PONTEVEDRA (II)
|
| |
Polo
menos, así é como o conta Eurípides,
que se fai eco dunha curiosa e moralizante lenda acerca
de Helena, por completo allea á tradición
homérica.
De acordo con esta versión, o rapto da fermosa
espartana, que fora esgrimido como a causa de dous lustros
consecutivos de guerra, en realidade ocurrera só
en aparencia pois ela non tería estado nunca en
Troia. |
|
É
verdade que todo o mundo
os deuses endosáranlle
Helena virtual,
unha imaxe tridimensional
que o pobre Paris,
non se decatou
Pero,
En Exipto, agardando
fose recollela como,
iso si, ó cabo de
|
|
cría
o contrario, porque
ó secuestrador unha
unha simple nube,
ata tal punto lograda
en toda unha década ,
da diferencia.
e a verdadeira?
que o seu marido
en efecto, sucedeu;
dezasete anos.
|
|
|
Para
que, entón, a guerra? Foi todo un mero capricho
dos deuses ou é que os motivos oficiais dun conflicto
non coinciden necesariamente cos reais?
|
Algo menos de dous mil catrocentos anos máis
tarde, outro poeta grego,
Guiorgos Seferis premio
Nobel de literatura en 1963,
preséntanolo aínda inquedo e desvelado,
atopando máis preguntas que respostas. |
| |
Malia
que fose co corazón dobremente encollido
e cheo de dúbidas, o certo é que Teucro
chegou a Chipre e aló foi erixida a nova
Salamina, moi preto da actual Famagusta, na zona
turco-chipriota da illa onde aínda hoxe se
poden ver os restos da cidade.
Sen embargo, como ben sabemos en Galicia, non lle
estaba reservado quedar naquel recuncho do Mediterráneo
oriental. |
|
|
|
Ruínas
da Salamina de Chipre
|
|
|
|
Co
transcurso do tempo, chegáronlle noticias da
morte do seu pai, Telamón, e creu que soara a
hora de voltar á outra Salamina, a vella. Mais
non correu mellor sorte ca no seu primeiro retorno. Se
antes foi expulsado polo seu pai, agora atopou a oposición
de Eurísacos, o fillo de Aiax, quen, temeroso
quizais de que o seu tío lle disputase o trono,
impediulle desembarcar.
|
|
|
Teucro
asumiu o novo revés con estoicismo e preparouse
para afrontar o seu segundo e definitivo desterro. Ignoramos
se volveu consultar o oráculo, pero ben por
inspiración divina, ben por propia iniciativa,
esta vez colleu o rumbo oposto e dirixiuse cara
a occidente. |
|
|
Antes
de alcanzar a península Ibérica,
estivo na Itálica, algo do que podemos
estar seguros non só porque o colla
de camiño, senon porque aló
atribúeselle, que saibamos, a fundación
de Talamona, unha localidade da Toscana,
coa cal quixo honrar a memoria do seu pai,
aínda que é dubidoso que gardase
del recordos demasiado gratos.
Segundo os romanos, durante a súa
estadía no país dos Apeninos
descubriu as propiedades curativas do camedrio,
ou carballo baixiño, arbusto con
moitas variedades, algunhas correntes en
Andalucía, e que teñen como
nome xenérico, precisamente, Teucrium.
E unha vez curadas as febres con camedrio,
velaquí internándose por fin
no Mare Balearicum.
|
|
Teucrium chamaedrys
|
|
|
|
|
Non
podería esperarse, claro está, que viñera
dun tirón ata Galicia, porque a viaxe é
longa, esgotadora e perigosa. Por outra parte, non é
Pontevedra a única cidade ibérica que
fai remontar a súa orixe a Teucro.
|
De
xeito moi difuso outórgaselle algún papel
na creación de Tarragona, pero esta tradición
é, con diferencia, a máis débil das
hispánicas. Tamén hai historias que o vinculan
a Salamanca, e que contan, entre outros, co aval do ínclito
don Sebastián de Covarrubias. Pero o episodio máis
semellante ó noso é o de Cartaxena, en Murcia,
cidade que lle recoñece de forma oficial a súa
condición de fundador mítico, circunstancia
que as fontes documentan con igual antigüidade, aínda
que con menor profusión, ca no caso de Pontevedra.
Así, Xuniano Xustino, autor de datación
dubidosa (século II ou III d.C.) que resume a Pompeio
Trogo, escritor do século I a.C., di, tras referirse
ó dobre desterro sufrido na súa Salamina
natal: "... despois de dirixirse [Teucro] ás
costas de Hispania, ocupou os lugares onde agora está
Cartago Nova, de onde pasou á Gallaecia ..." (Xuniano Xustino, XLIV, 3,2-4). |
|
|
|
Pero
atravesemos dunha vez as columnas de Hércules,
bordeemos a fermosa costa lusitana, deixemos atrás
as Cíes, xiremos a estribor e entremos, sobre
a cuberta do navío que conduce a Teucro e ós
seus compañeiros, na nosa familiar ría. |
|
|
|
Que
foi o que o atraeu do lugar? A pureza do aire, a suavidade
das correntes, a abundancia do marisco? Iso é
algo que cada un de nós pode libremente imaxinar
e contestar.
As fontes antigas -os xa mencionados Trogo e Xustino,
máis Asclepiades de Mirlea, citado por Estrabón,
e Plinio o vello-, aínda que non aclaran o porqué,
din que fundou aló unha cidade chamada Helenes,
que finalmente sería Pontevedra. |
Logo
as alusións sucédense, dende Isidoro
de Sevilla na alta Idade Media (que atribúe
o natural enxeñoso dos galegos á súa
orixe grega), pasando por Nebrija e os renacentistas,
ata ben entrado o século XIX, cando o historiador
González Dávila creu poder determinar
con exactitude a data da fundación de Pontevedra
polo noso hábil arqueiro no ano 1215 a.C. |
|
|
|
E
iso é todo. Ou case.
|
Lendas
tardías queren a Teucro namorado dunha esquiva
serea - con cola de peixe, é dicir, moderna para
el, pois as da súa época, malia contar cunha
voz seductora, tiñan corpo de paxaro e non eran
precisamente feiticeiras- e morrendo de amor na illa de
Ons. Pero, ¿quen sabe? quizais os deuses lle concederan
a inmortalidade en compensación polas moitas inxustizas
que sufriu e ande por aí, apurando unha cunca de
viño e pensando que, eso si, a ría xa non
recende coma antes. |
| |
|
|
|
|
|