| |
| |
Teucro: ...cara a Chipre, terra mariñeira, onde me mandou
Apolo que morase e que nome insular,
Salamina, lle puxese en honor á miña afastada patria
.................................................................
Helena: non fun eu quen estivo en Troia, senón unha va imaxe
............................................................................
Mensaxeiro: que dis?
Ou sexa, que por unha nube sufrimos tantas penalidades? |
|
| |
"Os reiseñores non te deixan durmir en Platres" .
Vergonzoso reiseñor entre o resollo das frondes,
ti que regalas a frescura musical da foresta
aos corpos divididos e ás almas
de quen saben que non haberán de regresar.
Cega voz que vas apoupiñando na memoria anoitecida
pegadas e acenos, non ousaría dicir beixos,
e a lufada amarga da escrava enfurecida.
"Os reiseñores non te deixan durmir en Platres".
Pero, onde está esa tal Platres? Quen coñece esa |
|
|
illa? |
| |
Paseime a vida oíndo nomes novidosos:
novos lugares, novas loucuras dos homes
ou dos deuses; |
|
|
o meu destino que ondea |
| |
entre a espada postrema dun Aiax
e outra Salamina
tróuxome aquí a esta ribeira. |
|
|
A lúa |
| |
xurdiu do mar cal Afrodita;
cubriu a constelación de Saxitario, agora encamíñase
ao corazón de Escorpión; todo o cambia.
Onde está a verdade?
Tamén eu fun arqueiro na guerra;
O meu sino, o dun home que errou o branco.
Reiseñor xograr,
unha noite como esta nas praias de Proteo
oíronte as escravas espartanas e romperon en lamentos;
entre elas - quen o diría - estaba Helena!
A mesma que no Escamandro perseguimos tantos anos.
Estaba alí, no borde do deserto; toqueina, faloume:
"Non é verdade", berraba, "non é verdade".
"Non entrei na nave de proa azulada.
Non puxen nunca o pé en Troia, a viril".
Co profundo escote, o sol nos cabelos e ese |
|
|
donaire |
| |
por todas partes sombras e sorrisos
nos ombros nas coxas nos xeonllos;
pel viva e ollos
de espléndidas pestanas
estaban alí, nas marxes dun Delta. |
|
|
E en Troia? |
| |
En Troia nada - unha imaxe.
Así os deuses o quixeron.
E Paris, cunha sombra se deitaba, como se fose un ser |
|
|
de carne e oso; |
| |
e nós dez anos estivemos por Helena degolándonos.
Enorme é a dor que se abateu sobre Grecia.
Tantos corpos lanzados
ás fauces da mar ás fauces da terra;
tantas almas
trituradas nas moas de muíño, como se fosen gran.
E os ríos preñados de lama e de sangue
por unha prega de liño por unha nube
un bulir de bolboreta unha pluma de cisne
por unha túnica baleira por unha Helena.
E o meu irmán? |
|
|
Reiseñor, reiseñor, reiseñor, |
| |
que é un deus? que non o é? que é o intermedio?
"Os reiseñores non te deixan durmir en Platres".
Paxaro choroso, |
|
|
en Chipre a beixada polo mar |
| |
a que me prometeron para que lembrase a patria,
fondeei eu só con esta fábula,
se acaso é certo que isto é unha fábula,
se acaso é certo que os homes non teñen que tragar outra vez
o vello engado dos deuses; |
|
|
se acaso é certo |
| |
que a outro Teucro, despois de moitos anos,
ou a outro Aiax ou Príamo ou Hécuba
ou a algún descoñecido, de escuro nome mais
que veu un Escamandro desbordando de cadáveres,
non lle depara o seu destino
oír arautos que veñen anunciar
que tanta dor e tanta vida
se foron ao abismo
por unha túnica baleira por unha Helena. |
|
| |
|
NOTAS:
O epígrafe do poema procede dos versos 148-150, 582 e 705-706 da traxedia de Eurípides, Helena.
Plastres é unha rexión do sur de Chipre, a uns trinta quilómetros ao norte de Lemessós.
TRADUCIÓN DE CARLOS R. MÉNDEZ |