O NOSO PATRIMONIO MEDIEVAL
LÍRICA PROFANA
Os textos que se conservan, uns 1680, constitúen con toda seguridade parte dun conxunto máis amplo, que nos foi transmitido basicamente en 4 Cancioneiros e 2 pergamiños:
- Cancioneiro de Ajuda (fins do s.XIII-principios do s.XIV), contemporáneo dos trobadores.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti), Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e Cancioneiro da Bancroft Library ou de Berkeley, todos eles elaborados en Italia no século XVI. A modo de prólogo, o C. da Biblioteca Nacional contén a Arte de Trovar, único tratado de retórica poética conservado.
- Pergamiño Vindel (século XIII), coa música e a letra das cantigas de Martin Codax.
- Pergamiño Sharrer (século XIII), contendo fragmentos de sete cantigas de amor, musicadas, do rei D. Dinis.
LÍRICA RELIXIOSA
PROSA NARRATIVA:
- Demanda do Santo Graal, onde se contan as aventuras dos cabaleiros da corte do rei Arturo lanzados na busca do sagrado vaso.
Desta temática consérvase ademais o libro titulado Merlín, e fragmentos doutros dous, o Xosé de Arimatea e o Libro de Tristán, coa narración dos tráxicos amores de Tristán e Isolda.
- Crónica Troiana (s.XIV). Da Historia Troiana (s.XIV) só unha parte está en galego. Conta a destrucción de Troia e as aventuras dos heroes que participaron nela.
- Miragres de Santiago (principios do século XV). Trátase dunha versión ó galego do Códice Calixtino.
Consérvanse tamén outros textos en prosa, entre os que cómpre destacar obras historiográficas como os Libros de Liñaxes, do Conde de Barcelos, ou a Crónica Xeral de 1404 e a Crónica de Santa María de Iria. Habería que engadir tamén o Livro dos cambeadores (s.XV-XVI), no que se detallan as rendas e funcións dos cambistas, como cambiar moeda para os peregrinos, etc.; ou tratados técnicos, como o Tratado de Alveitaria (s.XV), no que se fala dos cabalos e as súas doenzas.
