En San Momed'u sabedes
que víste-lo meu amigo,
s'oj'ouver'a seer migo,
mia madre, fe que devedes,
leixédesmio ir veer.O que vistes esse día
andar por mi mui coitado,
chegoum'ora seu mandado.
Madre, por Santa María,
leixédesmio ir veer.
Pois el foi d'atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mi e ren non lhi val,
mia madre, e por mesura,
leixédesmio ir veer.
Eu serei por el coitada,
pois el é por mi coitado.
Se de Deus ajades grado,
madre benaventurada,
leixédesmio ir veer.
Í Ï Ð Î
Fui eu, madr', a San Momed'u me cuidei
que veess'o meu amigo, e non foi i,
por mui fremosa que triste m'en partí,
E dix'eu como vos agora direi:
Pois i non ven, sei unha ren:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz ben.
Quand'eu a San Momede fui e non vi
Meu amigo, con que quisera falar
a mui gran sabor, nas ribeiras do mar,
sospirei no coraçón e dix'assí:
pois i non ven, sei unha ren:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz ben.
Depois que fiz na ermida oraçón
e non vi o que mi quería gran ben,
con gran pesar filhóuxime gran tristén
e dix'eu log'assí esta razón:
pois i non ven, sei unha ren:
por mi se perdeu, que nunca lhi fiz ben
Í Ï Ð Î
Amigo, se mi gran ben queredes,
id'a San Momed'e veerm'edes.
Oje non mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren non podedes dizer,
id'u ajades comigo lezer.
Oje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu'en San Momede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar.
Oje non mi mençades, amigo |