OS POETAS DA RÍA

 

MARTIN CODAX

Poeta galego de mediados do século XIII, probablemente un xograr ou segrel (xograr compositor, de procedencia social algo máis elevada).

A súa vinculación a Vigo establécese claramente na súa obra, conservada nos grandes Cancioneiros e no Pergamiño Vindel: 7 cantigas de amigo (mariñas ou barcarolas, bailadas ou cantigas de romaría, segundo os casos), que teñen como escenario Vigo, a súa igrexa e o seu mar.

Con toda seguridade, é o máis estudiado e publicado dos nosos poetas medievais.

libro1.gif (3582 bytes)
Textos

MEENDINHO

Poeta galego, seguramente do primeiro tercio do século XIII. Só conservamos unha peza súa, que constitúe unha das manifestacións estéticas máis importantes do xénero das cantigas de amigo.

A pequena anécdota que nos conta sitúase na ermida da illa de San Simón.

libro1.gif (3582 bytes)

Texto

 

 

JOHAN DE CANGAS

Como nos casos anteriores, coñécese pouco da súa biografía. O seu apelido, así como a referencia á ermida de San Mamede (O Sanamedio), sitúano en Cangas do Morrazo.

A ubicación da súa obra, 3 cantigas de amigo, entre unha serie de xograres galegos (entre os que está tamén Martin Codax), lévanos a consideralo tamén a el un xograr compositor, que exercería a súa actividade a finais do século XIII ou principios do XIV.

libro1.gif (3582 bytes)

Textos

 

 

Seguinte Ä