Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado
Por que ei gran coidado?
E, ai Deus, se verrá cedo!
Mandad'ei comigo
ca ven meu amigo:
e irei, madr', a Vigo!
Comigu'ei mandado,
ca ven meu amado:
e irei, madr', a Vigo!
Ca ven meu amigo
E ven san'e vivo:
e irei, madr', a Vigo!
Ca ven meu amado
e ven viv'e sano:
e irei, madr', a Vigo!
Ca ven san' e vivo
e d'el-Rei, amigo:
e irei, madr', a Vigo!
Ca ven viv' e sano
e d'el-Rei privado:
e irei, madr', a Vigo!
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la igreja de Vig', u é o mar salido,
e miraremos las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la igreja de Vig', u é o mar levado,
e miraremos las ondas.
A la igreja de Vig', u é o mar salido,
e verrá i, mia madre, o meu amigo
e miraremos las ondas.
A la igreja de Vig', u é o mar levado,
e verrá i, mia madre, o meu amado
e miraremos las ondas .
Ai, Deus, se sab'ora meu amigo
Com'eu senheira estou en Vigo!
E vou namorada!
Ai, Deus, se sab'ora meu amado
Com' eu en Vigo senheira manho!
E vou namorada!
Com' eu senheira estou en Vigo,
e nulhas gardas non ei comigo!
E vou namorada!
Com'eu en Vigo senheira manho,
e nulhas gardas migo non trago!
E vou namorada!
E nulhas gardas non ei comigo,
Ergas meus olhos que choran migo!
E vou namorada!
E nulhas gardas migo non trago,
ergas meus olhos que choran ambos!
E vou namorada!
Quantas sabedes amar amigo
Treides comig'a lo mar de Vigo:
E banharnos emos nas ondas!
Quantas sabedes amar amado
Treides comig'a lo mar levado:
E banharnos emos nas ondas!
Treides comig'a lo mar de Vigo
e veeremo'lo meu amigo:
E banharnos emos nas ondas!
Treides comig' a lo mar levado
e veeremo'lo meu amado
E banharnos emos nas ondas!
Eno sagrado, en Vigo,
Bailava corpo velido:
Amor ei!
En Vigo, no sagrado,
Bailava corpo delgado:
Amor ei!
Bailava corpo velido,
Que nunca ouver' amigo:
Amor ei!
Bailava corpo delgado,
Que nunca ouver' amado:
Amor ei!
Que nunca ouver' amigo,
Ergas no sagrad', en Vigo:
Amor ei!
Que nunca ouver' amado,
Ergas en Vigo, no sagrado:
Amor ei!
Ai ondas, que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo
sen min?
Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo
sen min? |