BASALTO

Rocha volcánica na que os constituintes principais son os piroxenos e as plaxioclasas ricas en calcio. Conten pouca sílice (máfica) polo que presenta unha cor negra ou moi escura, anque a superficie externa pode ter unha pátina de cor marrón pola oxidación.

A textura é microcristalina ou porfídica (neste caso se poden apreciar cristais verdes de olivino). Xeralmente é unha rocha compacta que ó rachar deixa esquinas vivas, anque pode presentar pequenas cavidades (vacuolas ou amígdalas) que posteriormente se rechean de outros minerais como a calcita (podes comprobalo co HCl).

Orixínase nas dorsais oceánicas xunto co gabro (o seu equivalente plutónico) e en moitos volcáns.

 

Cando solidifican grandes masas de basalto se produce unha diminución do volume que pode orixinar a formación de columnas hexagonais coma as da calzada do xigante en Irlanda e que podes ver na foto

A foto da esquerda é dunha lámina fina dun basalto na que se pode apreciar claramente a súa textura porfídica.

Máis información

NOVA ROCHA